Nace o Consello Asesor de Cesuga, que reúne preto do 10% do PIB en Galicia

Trátase dun conxunto de 17 empresas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Un total de 17 empresas que facturan uns 5.000 millóns de euros forman o Consello Asesor de Cesuga, unha nova figura que se incorpora á estrutura da institución universitaria e que permite afianzar a súa estratexia de ser o espazo universitario no que se atope o talento coa empresa galega.

O Consello Asesor de Cesuga está formado por un grupo de empresas vinculadas aos obxectivos académicos da institución e que representan en total preto do 10% do produto interior bruto (PIB) de Galicia, ao facturar ao redor de 5.000 millóns de euros e empregar de forma directa a 20.000 persoas.

Diso informou Cesuga nun comunicado, no que detallan que forman o consello os máximos responsables de 17 entidades. En concreto, participan Ramón Alonso (director xeral de Cafés Candelas), Joaquín González (director xeral de Vegalsa Eroski), Francisco Cernadas (presidente grupo Incoga - Decorga), Raquel Cortizo (directora xeral Grupo Cortizo), José Manuel Chousa (presidente de Dmanán), Rubén Chousa (director xeral Dmanán), Tino Fernández (presidente de Altia), Senén Ferreiro (presidente de Valora).

Ademais, forman parten José González (presidente de Egasa), Pablo Junceda (director xeral do Sabadell Galego), Manuel Iglesias (presidente do grupo Cetus), Víctor Nogueira (presidente de Nogar), Rafael Marzán (CEO de Arenal Perfumarías), Manuel Anxo Pouse (CEO de Alumán), Carlos Paz (director de Quirón Galicia), Joaquín Pérez Bellido (CEO de Pérez Rumbao) e Ignacio Rivera (CEO de Estrela Galicia).

O consello, que ten un carácter consultivo e representa a maioría dos sectores económicos de Galicia, ten entre os seus obxectivos opinar e suxerir cambios na estratexia educativa da institución dirixida por Venancio Salcines.

O delegado do Goberno aborda con representantes de Cesuga proxectos educativos en países centroamericanos. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno aborda con representantes de Cesuga proxectos educativos en países centroamericanos. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta