Trasladada unha persoa ao Clínico de Santiago cun profundo corte na gorxa

A Policía Local evita dar datos e o 061 confirma que se mobilizaron dúas ambulancias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/02/2020 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Un home foi trasladado na mañá deste xoves ao Hospital Clínico de Santiago cun profundo corte na gorxa segundo puido saber Galicia Confidencial.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

A Policía Local dixo descoñecer o acontecido. Foi o 061 o que confirmou que, efectivamente, sobre as 08.15 deste xoves foron mobilizadas dúas ambulancias, unha de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado para atender a un home no barrio do Restollal que foi inmediatamente trasladado ao hospital.

Segundo testemuñas consultadas por Galicia Confidencial, tería sido o home o causante da ferida ao autolesionarse cun coitelo. Previamente ameazara con tirarse dun alto. Ademais, e segundo esas mesmas fontes, un axente tería sido atendido tamén no lugar dos feitos por un desmaio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta