A Xunta indica que a alerta sanitaria só afecta aos produtos de Casa Macán e non ao resto de marcas das DO

A queixería de Lugo poderá retomar a súa actividade cando se realice unha inspección completa na que quede probado que enmendaron os incumprimentos de hixiene.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O Goberno galego subliñou que a alerta sanitaria só se refire á empresa láctea Casa Macán, á que se paralizou a produción de forma temporal coa retirada dos seus produtos do mercado. Lembran que o resto de marcas da denominación de orixe non están afectadas.

Nun comunicado, a Consellería de Sanidade remarcou que a retirada de queixos de Casa Macán realizouse de forma "cautelar" e só afecta a esta queixería do sur de Lugo. Así mesmo, a Xunta agradece o traballo que realizan os consellos reguladores dos selos de calidade e a súa vixilancia das "mellores condicións hixiénico-sanitarias".

Ademais, o Goberno galego lembra que a empresa poderá retomar a súa actividade cando se realice unha inspección completa do establecemento e se comprobe que se enmedaron "todos os incumprimentos" detectados.

Produtos de Casa Macán
Produtos de Casa Macán | Fonte: Lácteos Casa Macán

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta