Temas: ONS DESAPARECIDO

Continúa sen resultados a busca do mariñeiro desaparecido preto de Ons

Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil volveron a rastrexar sen éxito este xoves a zona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS) volveron rastrexar sen éxito este xoves a zona próxima onde desapareceu un tripulante tras envorcar un pesqueiro preto das Illas Ons este martes.

Helicóptero Pesca 1
Helicóptero Pesca 1

Segundo fontes de Salvamento Marítimo, os GEAS volveron buscar durante a mañá deste xoves, pero ata o momento sen resultado.

Na tarde deste xoves, mentres, o helicóptero 'Pesca 1' da Xunta sumouse de novo aos labores de rastrexo, despois de retirarse o 'Cuco' da Garda Civil.

Tamén por mar a embarcación 'Salvamar Mirach' relevou a 'Salvamar Sargadelos' de Salvamento Marítimo. Tamén se uniron ao dispositivo persoal de apoio psicolóxico de Cruz Vermella para os familiares do desaparecido. Esta xornada no litoral galego hai activado aviso por ondada.

Por terra colaboran no dispositivo efectivos de Protección Civil de Sanxenxo (Pontevedra) e de Ribeira (A Coruña), indicaron as mesmas fontes de Salvamento.

Así mesmo, tamén unha agrupación de bateeiros ofreceuse a colaborar e centrouse en buscar entre Touro e Punta Couso, puntualizou Salvamento Marítimo.

FEITOS

Sobre as 13,00 horas deste martes 11 de febreiro Salvamento Marítimo recibiu o aviso de que a embarcación 'Rosa', con tres tripulantes, envorcara por un golpe de mar ao norte de Ons. Trátase dun pesqueiro con matrícula de Cambados.

Dous dos tripulantes chegaron a nado polos seus propios medios a terra a Ons, desde onde un, o patrón da embarcación, alertou a Salvamento Marítimo.

Temas: ONS DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta