Temas: PORTUGAL ABANCA

Abanca alcanzará os 2,8 millóns de clientes coa compra do banco portugués Eurobic

Escotet recibe o Premio á Excelencia Empresarial do Club Financeiro de Santiago e destaca o "coidado" do banco nas "pequenas accións".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, fixo balance este xoves da evolución da entidade desde a súa posta en marcha en 2014 ata a anunciada compra do banco portugués EuroBic esta semana, coa que alcanzarán os 2,8 millóns de clientes e os 100.000 millóns de euros de volume de negocio.

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco.
O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco.

Así o destacou Escotet durante o acto no que recolleu o Premio á Excelencia Empresarial que outorga o Club Financeiro de Santiago, onde acudiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

Así, o presidente de Abanca destacou que "o factor clave" na entidade é que "a excelencia está nas persoas", que considera "froito do coidado que se pon en cada unha" das "pequenas accións".

Na súa intervención, sinalou que se busca "afrontar as novas condicións e regras dos mercados", "pero non co mero propósito de sobrevivir, senón cun horizonte de maior ambición: o de operar en condicións de excelencia, por moitas que sexan as dificultades que corresponda superar".

"Moitos factores ocorreron para que, en menos de seis anos, o percorrido de Abanca fose tan exitoso. Vital foi o establecemento dun goberno corporativo de alto nivel profesional, independente e enfocado no cultivo da excelencia", reflexionou.

Abanca foi elixida unanimemente o xurado, formado polos membros do Consello de Administración do Club Financeiro de Santiago, como premiada no VII Premio á Excelencia Empresarial.

Temas: PORTUGAL ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hinchanse a cobrar comisións e todo lles parece pouco... Pero os galegos tragan e pagan !