En Marea e Anova, na encrucillada electoral tras as trabas de Podemos e BNG

As dúas formacións nacionalistas analizan esta semana a súa estratexia electoral e acusan a Unidas-Podemos e ao BNG de actuar "pensando en clave partidaria máis que de país". As mareas municipalistas tamén poderían ser actores importantes nestas novas negociacións. Podemos e IU, con Pablo Iglesias e Yolanda Díaz á cabeza, terían xa acordado o modelo da súa futura lista en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Anova e En Marea están condenadas a entenderse se non queren ser irrelevantes no panorama político galego. Tras a decisión de Podemos de encarbezar con Antón Gómez-Reino as listas do espazo rupturista e de intentar impoñer o poder que ostenta en Madrid e no Goberno central para elaborar a candidatura, Anova quedou completamente descolocada. O mesmo lle pasou a En Marea de Luís Villares, tras o rotundo non do BNG a unha coalición electoral.

Xosé Manuel Beiras durante un mitin
Xosé Manuel Beiras durante un mitin | Fonte: Paco Gallego

Estes dous espazos, que beben da mesma fonte nacionalista, poderían exploran, agora, a posibilidade dunha alianza estratéxica de cara ás autonómicas galegas para non quedar fóra de xogo. Dirixentes consultados por GC din que a única posibilidade de acadar representación na Cámara galega é ir xuntos xa que a división xoga na súa contra.

Pero fontes oficiais de Anova negan esta posibilidade. Asi, Rafa Dopico, secretario de Organización de Anova, nega rotundamente esta posibilidade. "Podes dicilo así, que Rafa Dopico, como secretario de Organización de Anova asegura que non vai haber ningunha conversa con En Marea nin agora, nin nunca".

Precisamente, as dúas formacións celebran esta fin de semana reunións das súas cúpulas cando resta menos dunha semana para o vencemento do prazo para o rexistro de coalicións ás eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.  Anova reúne este sábado á súa dirección para analizar o escenario creado tras a decisión de Gómez Reino de presentarse como candidato de Galicia en Común, o que deixa fóra de xogo aos ex rexedores Martiño Noriega e Xulio Ferreiro. 

IMPLICACIÓN DE IGLESIAS E YOLANDA DÍAZ

O novo movemento de Podemos Galicia está deseñado desde Madrid e pode implicar o sacrificio de Gómez-Reino como deputado no Congreso para que encabece as listas de Unidas-Podemos en Galicia co obxectivo de consolidar a marca que xa goberna en Madrid. De feito, Pablo Iglesias, aterrará en Galicia para participar no lanzamento desta candidatura o 29 de febreiro, días despois de que culmine o proceso de primarias do partido morado. 

O ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. EUROPA PRESS - Arquivo
O ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. EUROPA PRESS - Arquivo

Fontes consultadas, confirman que os movementos de Unidas Podemos en Galicia contan co acordo de Iglesias e Yolanda Díaz, a nova ministra de Emprego e íntima do círculo do líder de Podemos. Este acordo, incluiría a repartición dos primeiros postos da lista entre militantes de Podemos e UE. Quedarían reservados algúns postos para Anova, pero non serían, os de saída na Coruña e Pontevedra que serían para Antón Gómez Reino e Eva Solla, actual vicepresidenta da Cámara, de EU. As dúas forzas impoñen así o seu peso na alianza electoral das xerais "da que Anova se autoexcluíu", din. Con todo, a dirección galega de EU recela deste pacto feito desde arriba.

O ESPÍRITO DE BEIRAS

Ante este panorama, Anova quedaría completamente descolgado do espazo que axudou a crear e a impulsar, xa que, precisamente, foi Xosé Manuel Beiras, o gran baluarte electoral de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).  Unha coalición que axudou a visibilizar a unha forza sen implantación forte en Galicia, como Esquerda Unida, e que foi o ensaio de Podemos no Estado. De feito, Pablo Iglesias traballou de asesor durante esa campaña electoral.

Por iso, e ante as novas esixencias impostas desde Madrid, a dirección de Anova podería intentar impulsar unha nova coalición electoral coas grandes mareas municipalistas, especialmente, Compostela Aberta e Marea Atlántica, sen descartar outras mareas menores e a presenza de En Marea.

Fontes consuladas apuntan que xa traballan nunha coalición alternativa sen deixar a porta pechada a Podemos, aínda que esta posibilidade está moi afastada. De feito, nesa gran coalición o elemento nacionalista sería o máis importante, pero non se desbota abrir as portas a formacións que marcharon desencantadas de Podemos, entre elas, o movemento anticapitalista ou mesmo aos ecoloxistas de Equo.

EN MAREA

Tamén este sábado terá lugar a reunión do Consello das Mareas, máximo órgano de dirección de En Marea, que nos últimos días fixo un chamamento a Anova e as candidaturas municipalistas de Santiago e A Coruña para explorar unha alianza.

De feito, esta é a principal hipótese coa que se traballa en En Marea, que aínda que manteñen canles de diálogo co BNG, consideran que a formación de Ana Pontón está actuando como Podemos, impoñendo posicións de forza e "pensando menos no país e máis en intereses electoralistas". "Esta forma de actuar da UPG está botando a perder unha gran alianza electoral nacionalista que mesmo podería situarse como terceira ou segunda forza na Cámara galega", indican fontes consultadas.

En Marea tamén ten fíos abertos con outras forzas, como Compromiso con Galicia, ou mesmo o Partido Galeguista, ademais de numerosas mareas locais afíns. A intención dos de Villares é "tentar sumar" nun panorama, din, "no que a división resta e sería unha gran baza para unha repetición electoral de Feijóo". Pola súa banda, Juan Carlos Piñeiro, líder de CxG, aclara en conversas con GC que non manteñen ningún contacto con En Marea desde as Xerais, nas que foron diluídos dentro das listas do BNG. Pero fontes de En Marea negan esta versión e din que este luns estiveron co Secretario de Organización de CxG e mesmo se pediu xuntanza formal entre Villares e Piñeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

6 Picheleiro

O gorrechas quere seguir sendo o monicreque de Podemos

1 Bng lacaios de Santi Rey

Os únicos monicreques sodes os do BNG, que lle rendedes pleitesía a Santi Rey I de Sabón e aos bancos españois aos que debedes cartos para manter liberados e chiringuitos.

5 Carmen Lastra

Ana Pontón, recapacita. A unidade das forzas de obediencia galega é a única oportunidade para parar a Feixoo, sen pasar pola vergoña de ser lacaios dun Caballero con escasas posibilidades. Se non somos capaces de poñer o tenderete do partido despois da xente, entón para que serve o partido? Por unha vez, poñede os intereses das galegas primeiro que o voso negocio particular do partidiño!

1 galinauta

O que hai que ler, marchan do BNG e agora a culpá é do BNG... Vaites, ou da UPG como dicides sempre. Teñen ad portas abertas, mais a voltar ao BNG, se non "ajo y agua"...

2 Soliño

Galigaita, medra que xa é hora de actuar como se foses maior! O BNG está loitando na marxinalidade. Non aspira a gobernar nin de lonxe (como moito a ir de comparsa nun goberno títere de Madrid con Caballero de presidente), pelexa por estar entre a terceira e a cuarta praza (depende se IU-Podemos consegue unir galegos mansos arredor dun delegado sucursalista). Non estades nunha posición de superioridade. A grande maioría dos galegos e galegas conscientes non nos importa nada, absolutamente nada, que o partido se chame BNG, ANOVA, En Marea ou Frente Amplo do Noroeste. Non nos interesan as navalladas, nin a intrahistoria penosa do nacionalismo galego que segue igual de revanchista desde hai cinco décadas. Repugna a desunión, a incapacidade para traballar xuntos pola xente do país. Noxo de marcas, sectas, capeliñas e beatas devotas de líderes e lideresas de barro...

3 Soliño

Aínda non entendestes o básico: o bipartito perdeuse por queimar esperanzas, foi o BNG o que perdeu votos despois de gobernar. E na separación de Amio, o BNG perdeu moitos máis. E está aínda moi lonxe de recuperalos! A realidade é moi dura, moito. E para superala TODOS deben comezar por admitir erros e abandonar falsas superioridades. É o momento de escoller: unha candidatura galega unitaria ou marxinalidade.

4 Rupturista

Que baixen a cabeza e volvan de onde nunca deberon marchar, pero nom poden agora pedir nada, e aí está o problema. Alá onde estiveron liárona, e a culpa claro, do BNG

1 Bendito Chiringuito

Non entendes nada. Os troskistas chamados Anticapitalistas acaban de marchar de Unidas Podemos, mais conservan os seus postos. Ninguén lles reclama as actas, e a ruptura é pacífica: o que implica que a porta fica aberta a posteriores alianzas. Está visto que aquí hai moito inmaduro político, demasiado revanchismo e... moito trepa que prefire a marxinalidade e a división para manter o seu negocio particular!!! Triste papel o do eterno opositor cómodo cosas migallas que lle caen do poder!!!

2 Gaiker

Os únicos que baixades a cabeza, porque non sabedes facer outra cousa, sodes os do BNG: recadeiros de La Vox de Galicia, vasalos do PSOE e pufeiros da banca española.

3 Sentidiño

Iso é, Gaiker, e aduladores de Fidel, servos de Chávez, e pecadores de la pradera...

3 Moañés

Independentemente de que os candidatos gusten máis ou menos, deter e revertir a maquinaria desmanteladora do PP esixe unha imprescindible unidade que evite a perda de escanos provocada pola división e a Lei D'Hondt. Deter a masacre na sanidade, no campo, na pesca, nos montes, poñer orde no país, pasa inevitablemente por aparcar as diferencias, unirse, conseguir botar a Feijoo, e xa logo se tratarían as diferencias menores que agora os separan. Iso sería servir ó país, vetarse uns a outros é ser cómplices do PP. E ó Pazo de Meirás que o jodan, as prioridades son outras.

2 Casimiro

A amante española érao por puro interese, aproveitouse dos servos galegos para trepar e agora desprézaos. Por outra banda, na UPG a prioridade non é o ben dos galegos, nin retirar a Feixó, confórmanse con colocar unha ducia de mantidas e outros tantos asesores, e prefieren ir de comparsa ou de secundarios nun goberno co PsoEspañol de Caballero a liderar unha alternativa galega autónoma compartillada con Anova e En Marea. En resumo, non hai altura política en Ana Pontón.