Cae co coche por un desnivel de 50 metros en Manzaneda

Foi o propio conductor o que chamou o 112.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A central de emerxencias do 112 Galicia recibiu unha chamada na noite do venres na que un condutor alertaba do accidente que acababa de sufrir co seu vehículo, que caeu por un terraplén de 50 metros no termo municipal de Manzaneda (Ourense).

Os datos facilitados pola vítima, que só sufriu rascaduras e mazaduras, foron determinantes para localizalo. Segundo relata o CIAE 112 Galicia, o condutor abandonou polos seus propios medios o coche e solicitaba axuda para subir de novo á estrada situada no lugar da Reigada.

Coa información achegada polo condutor, que viaxaba en dirección A Reigosa, o persoal de emerxencias localizou á vítima, que foi trasladado a un centro médico para ser atendido.

Ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias 061, tamén acudiron ao lugar do incidente os bombeiros de Manzaneda e membros do GES de Castro Caldelas, que procederon a recuperar as pertenzas do condutor e desconectar a fonte de alimentación eléctrica do coche.

Accidente
Accidente | Fonte: Protección Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta