Un acusado de dirixir unha rede de narcotráfico en Arousa enfróntase a 11 anos de cárcere

O xefe da banda é natural de Macedonia do Norte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará este martes, 18 de febreiro, a un acusado de dirixir unha organización dedicada ao tráfico de cocaína e heroína en Arousa.

L.V., natural de Macedonia do Norte, está acusado dun delito de integración de grupo criminal e contra a saúde pública por dirixir e coordinar esta rede. O caso procede do xulgado de instrución número 3 de Vilagarcía.

No escrito de acusación recóllese que tres persoas xa condenadas traballaron entre 2012 e 2013 para L.V. co fin de realizar tráfico de drogas e levar a cabo diferentes cobros "seguindo" as súas instrucións. Fiscalía tamén considera que estas persoas recibían ordes da parella de L.V., chamada E.A.U., a cal "se atopa ilocalizable" na actualidade.

Entre outros feitos, reflíctese que en outubro de 2012 os empregados de L.V. venderon dous quilos de droga "ao prezo que marca L.V.", mentres en novembro realizaron un envío de diñeiro de 25.000 euros.

Xunto a isto, o fiscal pide que o acusado abone unha multa de 860.000 euros por responsabilidade persoal subsidiaria. Tamén require que se abra unha peza separada de responsabilidade civil.

Droga e diñeiro intervidos
Droga e diñeiro intervidos | Fonte: POLICÍA NACIONAL-COMISARÍA DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta