Podemos insiste en manter a marca Galicia en Común e en competir con Esquerda Unida para liderala

O líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, descarta deixar o seu escano no Congreso "por responsabilidade", xa que as maiorías "son moi axustadas"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, considera que sería "un pouco irresponsable" alterar a marca Galicia en Común para as eleccións autonómicas, xa que foi "terceira forza" nas xerais do 28 de abril e nas do 10 de novembro na Comunidade. Así, cre que, nunha "campaña tan corta" ata o 5 de abril, esta denominación debe ser o punto de partida desde o que sumar a outras forzas da esquerda rupturista que no pasado formaron parte da xa rota plataforma En Marea.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, o tamén candidato ás primarias do seu partido para ser cabeza de cartel nas autonómicas insistiu en que Anova e as mareas municipalistas, que preparan unha candidatura á marxe, sentirianse "cómodos" dentro de Galicia en Común --confluencia galega de Unidas Podemos--.

Neste contexto, Gómez-Reino asegurou que as conversacións coa formación nacionalista fundada por Xosé Manuel Beiras son "activas", pero mostrouse "respectuoso" co debate interno no que está mergullada. Precisamente, a coordinadora nacional de Anova reuníase este sábado e o seu portavoz nacional, Antón Sánchez, dicía que a candidatura conxunta sería posible sempre que acepten "un encontro entre iguais".

Este domingo, o dirixente de Podemos insistiu en que Galicia en Común é xa unha marca "consolidada" e advertiu que "sería unha irresponsabilidade histórica que as forzas progresistas non soubesen actuar á altura da sociedade galega". Iso si, admitiu que as responsabilidades "sempre son compartidas".

Preguntado sobre cales son as dificultades para que esta candidatura aínda non sexa unha realidade, o tamén deputado no Congreso enmarcou a situación "na normal relación entre forzas que tratan de construír un espazo común". "Non é unha anomalía galega. Calquera que coñeza a política italiana, a europea... sabe que conformar alianzas amplas, como a cidadanía esíxenos, ás veces ten complicacións", explicou.

"MAGNÍFICA RELACIÓN" CON NORIEGA

Sobre o exalcalde de Santiago Martiño Noriega, que se atopa á fronte das negociacións de Anova e cuxo nome soa como candidato á Xunta, Gómez-Reino expresou que mantén con el "unha magnífica relación persoal" e engadiu que "é unha boa noticia que estea a levar as relacións políticas" do seu partido. "A partir de aí son eles os que teñen que tomar as decisións orgánicas que correspondan", dixo.

No entanto, non quixo valorar o papel do portavoz de En Marea, Luís Villares, quen nas autonómicas do 2016 foi o candidato da plataforma instrumental na que confluíron Anova, Podemos, Esquerda Unida (EU) e as mareas municipalistas e que conseguiu ser segunda forza na Comunidade. "Cada un ten que facer o seu camiño", limitouse a responder Gómez-Reino.

En calquera caso, o líder do partido morado en Galicia reiterou que non deixará o seu escano no Congreso por agora, o que non implica que non vaia a dedicar "todo o seu tempo" á campaña do 5 de abril.

Esta situación comparouna coa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, que "manteñen o seu posto de deputados na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia". "Eu, por responsabilidade e como todo o mundo entenderá, as maiorías son moi axustadas no Congreso para as votacións e teño que manter o meu escano", xustificou.

PRIMARIAS

O secretario xeral de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, pousa tras unha entrevista con Europa Press, na sede do partido en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 23 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press / Europa Press
O secretario xeral de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, pousa tras unha entrevista con Europa Press, na sede do partido en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 23 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press / Europa Press

Iso si, Gómez-Reino aínda non é candidato á Presidencia da Xunta por Podemos, senón que aínda se ten que enfrontar nas primarias ao militante Martín Bardelas. Neste contexto, admitiu que aínda non falou con el, pero que o fará nas próximas horas.

Ademais, aínda que apela a ser "escrupulosos" co resultado dese proceso, o secretario xeral non esconde que tamén aspirará a liderar a candidatura de Galicia en Común como plataforma, a pesar de que Esquerda Unida xa seleccionou hai meses ao seu líder, Eva Solla, como candidata. "Se me presento ás primarias de Podemos é porque nós aspiramos (...) a recoller o apoio de todos e todas as compañeiras do conxunto do espazo", incidiu Gómez-Reino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Vázquez

Todos cabeza de ratiño, ninguén rabo de león. Así nos vai.

4 confluencitis infecciosa

que barbaridade!!! que barbaridade!!!! mandar o vello a pedir esmolas as portas das eirexas... ONDE REMATOU A DESMESURADA ANSIA POLA CONFLUENCIA??? nos postos de deputados e ministras de TOÑETE E FERROLA!!!! votar en expañol e darlle un futuro negro a Galiza!!!

3 Gamela

A marca "Galicia en Común" é tan falsa coma os que a integran ! Nin galegas nin teñen nada en común agás os INTERESES por apañar PODER e vivir nas institucións per sécula seculorum ... Cal é o proxecto político? Darlle aire ao PSOE neoliberal ?

2 Camila Susana Franco de Luaña

Noriega e Gómez Reino, que unha vez mantiveron unha magnífica relación persoal, xa non evitan o enfrontamento directo.

1 os infliltrados confluintes

son moi camaleónicos... moi do entroido e partidarios de desfrazarse un-ha vez e outra vez... son autenticos multi-nick, ontre rupturista, hoxe muletiña do PE$oUME... tanta confluencia rematou por deixalos totalmente idos... a dereita e esquerda e a esquerda e dereita... arriba e abaixo e abaixo e arriba, o branco e negro e o negro e branco... SON MOI MAREANTES!!!-