O vicepresidente da Xunta celebra as enquisas que dan outra maioría absoluta a Feijóo

Alfonso Rueda apela a "seguir traballando" para que "os bos resultados das enquisas se convertan en realidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apelou este luns á necesidade de "seguir traballando" para que "os bos resultados das enquisas se convertan en realidade". Así o dixo en resposta a unha pregunta sobre o último barómetro de ABC/GAD3, que se publica este luns e, segundo o cal, o PP mantería a maioría absoluta e os seus 41 escanos en Galicia.

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta.

En relación a isto, Alfonso Rueda recoñeceu que "sempre que hai unha enquisa que está ben, anima" e "quen diga o contrario non está a dicir a verdade". No entanto, e "sexa boa ou mala", apuntou que "ata o 5 de abril hai moito que traballar con toda a humildade".

"Escoito por aí dos partidos da oposición declaracións moi triunfalistas, que din que o obxectivo botar a Feijóo", subliñou Rueda, que contrapuxo o "traballo" dos populares. "As perspectivas son boas, pero imos seguir traballando para que eses bos resultados das enquisas convértanse en realidade", resolveu.

O vicepresidente tamén foi preguntado pola situación da esquerda rupturista e contrapuxo a "sensación de desunión que traslada a esquerda en Galicia" coa unidade do PP. "Necesítase mapa e cantimplora para saber o que pasa na esquerda rupturista agora mesmo", ironizou Rueda, que instou a ver "se son capaces de formar coalición". "Non me sinto capaz de dicir agora mesmo como son os movementos internos, pero témome que tampouco son capaces eles", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Ana

Unha nacion (o primer reino foi Gallaecia) que ten todo para ser prospera e donde a xuventude segue a emigrar e o rural esta abandoado e despoboandose. ¿E imos seguir votando aos mesmos?. Votade para que teñamos autogoberno, tarifa electrica galega, traspaso da AP-9, banca publica galega, retorno do talento emigrado, facenda galega, boas infraestructuras, para que rematen os recortes e privatizacions, contra o caciquismo, pola defensa da nosa lingua... en definitiva polo progreso. E este proxecto so e posible votando ao nacionalismo galego pq o resto son sumisos a Madrid.

1 KILO

No engañas Anna. Tu programa político es el de la Venezuela chavista, que tiene todo todo para ser riquísima y no es más que un cortijo putrefacto de los chavistas. Al final voy a votar a Feijóo simplemente porque quiero que Galicia no sea un gulag asesino como Venezuela o un zulo de vuestros amigos de Bildu-ETA.

2 Ana

¿Venezuela?. Mira a rica Euskadi ou a Pontevedra (modelo de urbanismo) e Allariz (dos poucos concellos que non perden poboacion na provincia de Ourense). O nacionalismo vai de xestionar nos os nosos recursos para vivir mellor e defender a nosa identidade como pobo. Son as politicas de PP e PSOE as que crean paro, emigracion e desigualdade. E por suposto nada ten que ver o nacionalismo galego co populismo que promete e logo nunca cumple. Medidas do nacionalismo galego como a tarifa electrica galega (por ser productores de enerxia), ou recaudar e xestionar os nosos impostos, atraen empresas e crean prosperidade.

3 galeguiña

A ver Aniña, "nosa língua" "nosa identidade" "nosos impostos" Os de quen? Non todos os galegos teñen a mesma língua, nen a mesma identidade, e os impostos que tí chamas nosos, son de cidadáns españois, tí incluida. O mesmo pasa cas Vascongadas, que disfrutan dun Concerto económico inxusto, baseado en privilexios decimonónicos antidemocráticos e sufragados polo resto dos españois, Un trato de favor tan discriminatorio que non se pode extrapolar ao resto de rexións porque sería a bancarrota do Estado. Eu non quero unha Galicia con inmersión obligatoria na lingua rexional, nin privilexiada en relación ao resto dos nosos compatriotas do resto de España, nin enfrentada a outros territorios por uns suposttos dereitos históricos que todas as rexións teñen no noso país, nin acomplexada pola súa herencia hispana. Iso é o nacionalismo: privilexios, intolerancia e discriminación

4 Icía

A que empresas Ana? A Iberdrola corrupta que enchufa os do PNV coas portas xiratorias mentres rouba aos clientes inflando o recibo? Ao PNV que financia escolas que segregan por sexo, elitistas do OPUS? Ou favorecer a unha multinacional como Alcoa que ten unha bomba contaminante a punto de romper, ou a Endesa queimando carbón e enchendo de xofre desde Galiza ao Reino Unido? Como fixo o BNG pechando os olhos coa ilegal Campa no Courel e outras tantas... Ana, reprentas un modelo tan vello, caduco e casposo como o PPsoE!!! Ana, defender o sistema desde unha presunta alternativa progre e galeguista é máis noxento que ser cacique do Partido Podre!!! Maiores vendidos!!!

5 miña nai querida...

Recordo cando nas eleccións do estado despois das primeiras de Rajoy, so se podía ler na prensa cousas sobre venezuela, mesmo a xente parafraseaba letra por letra o que decía os medios de "información"... logo ao gañar o pp desapareceu dos titulares ata que os de podemos puideron chegar ao poder e volve a ser primera plana... a min esto dame igual mentras a xente pense por si mesma e non polo que digan os titulares de prensa... o problema que temos aiquí é que a xente, a meirande parte da xente pensa en función da subvención, do posto na deputación ou na xunta e o que é peor do párroco do lado que manda ca ra llo no século XXI...ainda así mira o que che digo a Galicia quédanlle 30 anos porque nese tempo máis ou menos a debacle demográfica vai ser de tal calibre que nin te acordarás de venezuela...

6 miña nai querida...

imos ver unha cousa... logo se piden as empresas galegas un prezo baixo da electricidade son cómplices de comunismo venezolano non si? E respecto da galeguiña ...mira unha cousa eu podo tolerar todo tipo de acuscións respecto do nacionalismo socialismo e demáis ismos que queirades, incluso que son demos que van ir polas nosas casas e fillos e que queiman o monte ata iso podo aturar, é mais podo admitir que os chamedes comunistas con rabo e privilexiados que non traballan un ca ra llo e que veñen chupar da teta.. o que queirades de verdade o que queirades .... pero por favo,,, por favor .... por favor .... por favor inmersión lingüística... INmerSIón LINgüística... por favor outra vez non,,, pero si a inmersión que hai aiquí é do castelán .... pero si casi nin dios fala xa en galego en termos de porcentaxe como lingua nai... non sexades pa le tos que repiten o que din na prensa española por favor polo menos sede orixinais....... abur¡¡¡

7 Ana

Primeiro decir que son iberista asi que non teño nada contra o resto de pobos ou linguas da península. Mais peor que a inmersión linguistica (castelan en Castela, catalan en Cataluña) e tratar o propio (lingua galega) peor que o de fora (castelan e mesmo ingles) que é o que esta a pasar na Galiza. E para privilexios o que ten Madrid pois mentras media España se vacia todo esta concentrado ali (empresas, administracions, infraestructuras,etc). Creo nunha Galiza soberana dentro dunha Confederación Iberica donde cada estado xestione os seus recursos, mais iso non é incompatible coa solidaridade entre territorios e o respeto a todalas linguas por igual.

1 CastelaoPaSogama

¿Quién dixo aquello de que Galicia é un sitio cheo de vacas e os seus poboadores son mais mansos cas vacas? Mentres haxa Luar, telegaita, subvencións e posts de traballo artificiosos para manter o nacionalismo domesticado, Feijoo gañará sempre. E o P"SOE" non queré gobernar en coalición. Amáis Feijoo xa fai o que quieren.