Mareas municipalistas afíns a Villares presentan un manifesto por unha candidatura unitaria do soberanismo galego

Critican que "cando se fala das mareas refírense a dúas ou tres", en referencia ás que gobernaron en cidades como A Coruña e Santiago, cando "o municipalismo é moito máis", din.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Unha trintena de mareas muncipalistas afíns á En Marea que encabeza Luís Villares presentan este martes en Santiago un manifesto para chamar á configuración dunha candidadatura unitaria do soberanismo galego nas eleccións do próximo 5 de abril.

Villares, con membros das mareas de Cambados, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
Villares, con membros das mareas de Cambados, Ponte Caldelas e Sanxenxo.

"Cando se fala das mareas refírense a dúas ou tres. O municipalismo é moito máis", asegura Antonio Araúxo (Manifesto Miñor), que asegura que o manifesto está apoiado por mareas municipalistas de "todas as comarcas de Galicia".

A falta de cinco días para o peche do prazo para o rexistro de coalicións para os comicios galegos e co foco situado en como concorrerá ás eleccións o espazo antes agrupado en En Marea, estes proxectos municipalistas lanzan unha chamada a "responsabilizarse" a "todas as persoas e organizacións" que apostan pola "unidade" da "esquerda soberanista".

Unha chamada dirixida a Anova, pero tamén a "todo o municipalismo" que, segundo reivindica Araúxo, non se limita ás mareas de Santiago e A Coruña, situadas coa formación fundada en 2012 por Xosé Manuel Beiras de cara a construír unha candidatura, polo momento, distinta á que promoven Podemos e Esquerda Unida, que se decantan por reeditar a coalición Galicia en Común coa que se presentaron ás xerais de 2019.

As organizacións por agora adheridas ao manifesto son Marea Pontevedra, Lugonovo, Marea de Ferrol, Manifesto Miñor, Somos Ribadumia, Movemento Oia, ACE Bueu, En Marea, A Guarda, En Marea Tui, Manifesto Miñor Nigrán, Manifesto Miñor Baiona, Manifesto Miñor Gondomar, Valga Viva, En Marea Ponteareas, Movemento Salceda, Sempre Corcubión, Somos Cabanas, Marea Veciñal de Touro, Xuntos Carballo, Marea veciñal de Culleredo, EM Mondoñedo, EM Ribadeo, Son Manzaneda, Xuntos por Chandrexa, Xuntos por Laza, Son de Trives, Ourense Mellor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Armando Casitas

Pero si son os mesmos que están en Marea! Fan como Anova, cando din que se reunen coas mareas municipais. Son eles mesmos reuníndose con eles mesmos!!! Anova se reune con CA= foto de Anton con Martiño; Anova se reune con Marea Atlántica: foto de Martiño con Xulio. Pois aquí máis do mesmo. En Marea se reune con Son Manzaneda= foto de Villares con David; En Marea se reune con Lugonovo= foto de Villares con Victoria; En Marea se reune con Ourense Peor: foto de David con Victoria. O esperpento e ridículo que fan non ten límites.

5 Don Chirigota

Yo no me uniría con personas que desunen. Cuando una organización vota algo, los discrepantes, tan respetables como los demás, tienen que aceptar el resultado. Posiblemente a la próxima ganarán ellos...Y no comportarse como niños....Pues ahora me voy....y me llevo mi pelota.....Pero si decido irme no vuelvo a llamar a aquellos de los que me fui? Si no....para qué me fui?

4 Askeado

Noxo a soberbia do BNG. Jódeme non poder votar a unha Fronte Nacionalista unida que inclúa a todos (incluído o BNG), pero a un partido que se dí de esquerda e na práctica non son máis que burgueses, nunca. Que a Pontona nestes anos non se acordara máis que do Pazo de Meirás e dos eucaliptos é vergoñento. E o mar?, e o agro?, gandeiros?, comunicacións?, saúde?, educación?, non lles parece que haxa problemas aí. Que compartan un selfi na porta da Comisión de Pescas en Bruxelas e lamentable se os de dentro nin se enteraron. Levan anos sen explicar detalladamente ningunha proposta seria, só titulares rimbombantes valeiros de contido, fume. Así non me vale.

1 Vesperteyu

Pois vota PP, que seguro que che representan.

2 David bp

Si, soberbia, soberbia dos que "marchamos isto está obsoleto, non podemos vivir no pasado, hai que reinventarse!" Crendo que ían come-lo mundo, e co tempo....voltamos a querer face-lo de antes botandolle a culpa, se non se consegue, o que nunca mudou.....de coña señores, de coña. No meu idioma chámanse trepas chuchadoras!

3 José

A xente que marchou do BNG para construir algo diferente agora quere que aquilo que aborrecía se sume a non se sabe o qué.., unha coalición soberanista disque. Sen complexos nen vergoña. E o BNG, tras cruzar o seu deserto, contempla o espectáculo co orgullo de ter resistido e a soberbia de sentirse sen competidores. Nunca foi tan actual Celso Emilio e os ananos..

2 Brallan

Estupendo. Feijóo outros 4 anos máis. Parabéns ós "patriotas" galegos...

1 Bendito Chiringuito

Que aturemos a Feixoo outros catro anos será unha responsabilidade a compartir polos da UPG e Anova que restan e dividen, negandose a sentar para formar unha candidatura galega. E nunca podes culpar aos que propoñen facer unha candidatura unitaria e que non se perdan votos no residuo nin na abstención. Se cadra o negocio dalgúns está en conservar a dirección do chiringuito do partido e non no ben común da xente. Iso si é patriotismo de acumular no propio peto e puño pechado co billete dentro e ben apretado!