Mareas municipalistas afíns a Villares presentan un manifesto por unha candidatura unitaria do soberanismo galego

Critican que "cando se fala das mareas refírense a dúas ou tres", en referencia ás que gobernaron en cidades como A Coruña e Santiago, cando "o municipalismo é moito máis", din.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Unha trintena de mareas muncipalistas afíns á En Marea que encabeza Luís Villares presentan este martes en Santiago un manifesto para chamar á configuración dunha candidadatura unitaria do soberanismo galego nas eleccións do próximo 5 de abril.

Villares, con membros das mareas de Cambados, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
Villares, con membros das mareas de Cambados, Ponte Caldelas e Sanxenxo.

"Cando se fala das mareas refírense a dúas ou tres. O municipalismo é moito máis", asegura Antonio Araúxo (Manifesto Miñor), que asegura que o manifesto está apoiado por mareas municipalistas de "todas as comarcas de Galicia".

A falta de cinco días para o peche do prazo para o rexistro de coalicións para os comicios galegos e co foco situado en como concorrerá ás eleccións o espazo antes agrupado en En Marea, estes proxectos municipalistas lanzan unha chamada a "responsabilizarse" a "todas as persoas e organizacións" que apostan pola "unidade" da "esquerda soberanista".

Unha chamada dirixida a Anova, pero tamén a "todo o municipalismo" que, segundo reivindica Araúxo, non se limita ás mareas de Santiago e A Coruña, situadas coa formación fundada en 2012 por Xosé Manuel Beiras de cara a construír unha candidatura, polo momento, distinta á que promoven Podemos e Esquerda Unida, que se decantan por reeditar a coalición Galicia en Común coa que se presentaron ás xerais de 2019.

As organizacións por agora adheridas ao manifesto son Marea Pontevedra, Lugonovo, Marea de Ferrol, Manifesto Miñor, Somos Ribadumia, Movemento Oia, ACE Bueu, En Marea, A Guarda, En Marea Tui, Manifesto Miñor Nigrán, Manifesto Miñor Baiona, Manifesto Miñor Gondomar, Valga Viva, En Marea Ponteareas, Movemento Salceda, Sempre Corcubión, Somos Cabanas, Marea Veciñal de Touro, Xuntos Carballo, Marea veciñal de Culleredo, EM Mondoñedo, EM Ribadeo, Son Manzaneda, Xuntos por Chandrexa, Xuntos por Laza, Son de Trives, Ourense Mellor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 Hall9000

Deixen de dar o espectáculo, deixen de traballar para a dereita extrema de Vox e Feijóo. Póñanse a un lado e pidan o voto para Ana Pontón, do BNG, ou para aballero, do PSOE. Os outros non van chegar ao 5% como ben conta Michavila GAD3.

1 Bloqueiro bloqueado

Di que si, viaxemos no tempo a 2009! Ou PSOE ou BNG, que necesita máis? Ir cara o pasado é moi transformador e nada reaccionario.