Os gandeiros e agricultores galegos poden solicitar desde este mércores as axudas da PAC

Segundo informou a Xunta nun comunicado, estes traballadores poderán presentar de forma telemática a solicitude única desde o día 19 de marzo ata o 30 de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde da Consellería do Medio Rural. Regula a aplicación dos pagos directos a agricultura e gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control, coñecidas como axudas da PAC.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar de forma telemática a solicitude única desde este mércores e ata o 30 de abril. O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 216 millóns de euros, dos cales 170 corresponden aos pagos directos da PAC e máis de 46 millóns a medidas de desenvolvemento rural.

Prevese que uns 27.000 agricultores e gandeiros soliciten estas axudas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria. Grazas a elas, conséguense "reducir as diferenzas entre a renda urbana e a agraria, á vez que se potencia aos agricultores realmente activos e ás prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta