Temas: FRASEOLOXíA

“Regañando o(s) dente(s)”, equivalente, entre outras, ó castelán “a regañadientes”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 23/02/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Pómoslle desta volta o ramo á xeira principiada no artigo a rastro (en concreto, na segunda “acepción” que nel reflectimos) para dar conta das locucións e expresións que manifestan que unha acción se realiza (ou, en certos casos, se sofre) contra a propia vontade, desexo e/ou propósito, ou de xeito tal que implica unha sensación de incomodidade, desagrado e malestar.

O árbitro amonesta a un xogador
O árbitro amonesta a un xogador | Fonte: lfp.es

A regañadientes

{= Con contrariedade de ánimo ou de espírito, ou contra a propia vontade, desexo e/ou propósito.}

Regañando o(s) dente(s) && Arregañando o(s) dente(s)

[E MAIS]:

De mala gana

De mal grado

Ex.: La cosa pintaba mal, pero al final el club acabó aceptando, aunque a regañadientes, el cambio de la fecha del partido.

A cousa pintaba mal, pero ó último o club acabou aceptando, inda que regañando o dente arregañando os dentes de mala gana de mal grado, a mudanza da data do partido.

● Tamén, máis ou menos axeitadas en función dos contextos:

A contragusto && Mal a gusto && A desgusto && A repelo && (Case) Á forza

● Mesmo tamén, gardando relación, basicamente asociadas a ámbitos de uso familiares e naqueles contextos en que se dá conta de que unha persoa vai ou acode a algún sitio ou onda alguén de mala gana:

Ir # Acudir [a algún sitio # onda alguén] coma o can á cadea # coma o can ás pedras # coma o can á tunda # coma o marrán á capa # coma a vaca ó matadoiro

Ex.: Aunque a regañadientes, al final lo acompañó.

Inda que regañando o dente arregañando os dentes de mala gana coma o can á cadea coma o can ás pedras coma o marrán á capa, finalmente acompañouno.

Ex.: Os aseguro que voy al balneario a regañadientes, pues preferiría ir con vosotros al fútbol, pero ya se sabe: en una relación de pareja a veces tiene que ceder uno y a veces ceder el otro, y esta vez me ha tocado a mí.

Asegúrovos que vou ó balneario regañando os dentes arregañando o dente coma o can á cadea coma o can ás pedras coma o can á tunda coma o marrán á capa, pois preferiría ir convosco ó fútbol, pero xa se sabe: nunha relación de parella ás veces ten que ceder un e ás veces o outro, e desta volta tocoume a min.

● E inda incluso, en contextos, e unicamente asociadas a ámbitos de uso formais e cultos:

Con renuencia && Con renitencia && Con reluctancia

Con renitencia && Con relutancia

Ex.: Los dos partidos de centro-izquierda aceptaron con renuencia los primeros recortes impuestos por Bruselas, pero ante la decisión de ampliarlos y agudizarlos han dicho basta.

Os dous partidos de centro-esquerda aceptaron con renitencia con relutancia os primeiros recortes impostos por Bruxelas, pero ante a decisión de amplialos e agudizalos acaban de dicir basta.

NOTAS:

1. Nótese que a voz capa da expresión ir # acudir [a algún sitio # onda alguén] coma o marrán á capa fai referencia á capadura, á acción de capar.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Dentes e moas na fraseoloxía galega”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 69-126. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta