Temas: FESTAS ENTROIDO

Allariz prepárase para o Entroido

A celebración será do 24 ao 26 de febreiro e contará con actividades para pequenos e maiores.

Por X.M. Fernández | Allariz | 20/02/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O Entroido en Allariz comeza o luns 24, ás 17:30 h., coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30 h. no Campo da Barreira co acompañamento musical da Batucada Axoúxere de Allariz que ambientará as rúas dende as 20:30 h. A partir das 23:00 h.a encargada de animar a festa será a charanga Los Fugitivos.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

O martes 25 é o día no que desfilan as comparsas acompañadas da Charanga Bicoia de Ourense. A saída terá lugar ás 17:30 h. dende a Estrada de Xunqueira (á altura da Residencia Saliesiana) e o percorrido rematará no Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ.

Como remate de festas, o mércores 26 faise o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00 h.  da Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.

As comparsas que desexen participar teñen de prazo para inscribirse ata o día 20 de febreiro ás 14:00 h. Información e inscrición: Casa da Cultura (988 440 859) e cultura@allariz.com

Temas: FESTAS ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta