Pintos denuncia golpes, humillacións e ameazas da Policía

O responsábel comarcal da CIG en Ferrolterra, Xesús Anxo López Pintos, foi detido e posto en liberdade con cargos polas protestas que os traballadores do naval realizaron no acto de pegada de carteis do PP en Ferrol. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 06/10/2012 | Actualizada ás 01:17

Comparte esta noticia

O sindicalista relata a súa experiencia e denuncia que lle negaron atención médica na comisaría e que recibiu máis golpes, ameazas e humillacións dos axentes da Policía Nacional. Láiase de que a xente ao seu arredor "miraba para outro lado" mentres lle zoscaban e confesa que chegou a "sentir medo".

Momento da detención
Momento da detención | Fonte: Susete

Pintos tamén denuncia que os axentes "son tipos que dan a matar, que non miran onde dan nin nada". E agradeceu a "solidariedade dos compañeiros e compañeiras" da CIG, aos que, di, tamén golpearon cando tentaron velo na comisaría. Pintos acusa aos policías de "tortura".

O sindicalista foi detido despois da protesta de obreiros do naval que tentaron boicotear a pegada de carteis do PP en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

2 María Naidedeus

Quen tomamos parte activa en conquistar a democracia, non podemos admitir que agora, utilizando o engano tomen o poder os cachorros do totalitarismo. O ocorrido con Pintos xera calafríos e deixa ao descuberto o perigo que nos atenaza . Temos de reaccionar axiña .pois non podemos consentir a democracia policial, os ramallazos fascistas dirixidos por quen non asumiron aínda que estamos nunha sociedade de dereitos e liberdades.

1 Sparafucile

Mais bem somos nós os que temos que assumir que não estamos num regime de direitos e liberdades. Não estamos numa democracia. Franco deixou tudo atado e bem atado. O regime tolera os protestos apenas enquanto não molestemos muito.

1 Nemigo

nin nos tempos de aznar se vían estas cousas

1 breiko

Estas cousas nom dependem de quem seja o presidente em Madrid depende da estrategia que tenham os mandos policiais pra loitar contra o que queda na Galiza de Pais.