Solla (EU) nega que "os nomes" sexan o problema para alcanzar unha confluencia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida apuntou que "aínda hai esperanza" de alcanzar un acordo de coalición que evite a división do espazo político nas urnas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, negou que "os nomes" sexan o principal escollo á hora de alcanzar un acordo con Anova para concorrer conxuntamente ás eleccións.

En declaracións aos medios este mércores en Santiago, Solla expresou que confía en que se peche unha candidatura unitaria antes do vencemento do prazo para o rexistro de coalicións, que se pecha na madrugada do venres.

"Non temos moita marxe e iso fai que sexa necesario un exercicio de máis xenerosidade por parte das organizacións", apuntou Solla, cabeza de lista de EU para as autonómicas, aínda que o seu posto final, do mesmo xeito que a candidatura, está aínda por definir.

Segundo Solla, o debate ao redor da candidatura non radica nos "nomes" porque, di, "ninguén" o expuxo deste xeito. "Os nomes non van xerar ningunha dificultade", apostilou, para a continuación manifestar que o obxectivo é "asentar" o "traballo" que desempeña Galicia en Común no Congreso "co que acheguen o resto de organizacións".

Tras apelar a que "non sobra ninguén" no "proxecto", apuntou que "aínda hai esperanza" de alcanzar un acordo de coalición que evite a división do espazo político nas urnas.

A deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, nunha rolda de prensa. COMÚN DA ESQUERDA
A deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, nunha rolda de prensa. COMÚN DA ESQUERDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non sei de que carallo fala cando ela vai de cabeza de lista por Pontevedra ? O seu nome xa está garantizado e blindado... como o soldo que leva chupando os últimos catro anos 96.000 € que lle viñeron do ceo, así é COMUNISTA calquera! Pero nin así foi capaz de dar explicación algunha prefiere bloquear á xente ! https://cabozo.com/taboext.php?grup...