Recollida de firmas dos médicos do Sergas para esixir a xornada de 35 horas

CESM Galicia explica que con esta acción se pretende "aliviar a sobrecarga de traballo que soportan moitos facultativos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Delegación da Confederación Española de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM Galicia) iniciou unha recollida de firmas para esixir á Xunta a xornada de 35 horas semanais para os profesionais do Sergas e "acabar así co agravio que sofren os facultativos respecto doutras comunidades autónomas" como Castela A Mancha, Estremadura e Asturias que "a recuperaron recentemente".

Así o manifestou este sindicato médico nun comunicado, no que denuncia que, a pesar de "tratarse dunha demanda histórica", o "Goberno da Xunta nunca atendeu esta petición e optou por contemplar o inhumano aumento das axendas dos facultativos en lugar de dar unha solución a este problema".

CESM Galicia explica que con esta recollida de firmas se pretende "aliviar a sobrecarga de traballo que soportan moitos facultativos" xa que, engade, "ademais de traballar de luns a venres tamén teñen que acudir aos seus centros de saúde ou hospitais sábados alternos", o que, a xuízo desta central sindical, "vai en detrimento do propio traballador e dos pacientes, polo cansazo e esgotamento acumulados de toda a semana".

O presidente do Sindicato Médico, Ramón Barreiro, e o secretario xeral, Antonio Otero, foron os primeiros en asinar a petición e en facer un chamamento aos traballadores do Sergas "para que apoien esta iniciativa que vai en beneficio de todos", dada, indica CESM, "a lamentable situación profesional, cunha falta de recursos humanos que xamais se viu en Galicia".

Peresonal dun centro de saúde da Coruña concéntrase para reivindicar melloras en Atención Primaria.. CEDIDA SOS SANIDADE
Peresonal dun centro de saúde da Coruña concéntrase para reivindicar melloras en Atención Primaria.. CEDIDA SOS SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta