Temas: SAúDE

Médicos alertan dun aumento das enfermidades de transmisión sexual

O Colexio de Médicos da Coruña presenta a segunda campaña 'Risco Cero', unha aplicación móbil para adolescentes, pais e docentes.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 20/02/2020 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Representantes do Colexio de Médicos da Coruña alertaron dun aumento das enfermidades de transmisión sexual, coincidindo coa presentación da segunda campaña 'Risco Cero', unha aplicación móbil dirixida a adolescentes, pais e docentes. Trátase dunha iniciativa que pretende mellorar a información sobre métodos de anticoncepción, prácticas sexuais seguras e evitar as enfermidades de transmisión sexual.

O presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, xunto a outros profesionais sanitarios, presenta a segunda campaña 'Risco Cero'. COLEXIO DE MÉDICOS
O presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, xunto a outros profesionais sanitarios, presenta a segunda campaña 'Risco Cero'. COLEXIO DE MÉDICOS | Fonte: Europa Press

A ferramenta foi unha das gañadoras dos Premios de Innovación Docente convocados polo Colexio de Médicos da Coruña. As súas promotoras son as doutoras Ana Zamora e Elvira Someso -médicas de Atención Primaria na Coruña- e Ángel Cordero, profesor do CIFP de Imaxe e Son desta cidade.

Os facultativos fixeron fincapé en que os datos da Consellería de Sanidade mostran un incremento dos casos de enfermidades de transmisión sexual en Galicia, onde se duplicaron nunha década. Este aumento apréciase en todas as franxas de idade, pero sobre todo nos menores de 24 anos.

Doutra banda, case un terzo das mulleres en idade fértil utilizaron a pílula do día seguinte en 2017, mentres que seis anos antes, esta cifra situábase no 14%.

Con esta segunda campaña, búscase previr as enfermidades de transmisión sexual e os embarazos non desexados.

Temas: SAúDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta