Feijóo, que convocou eleccións canda Euskadi, ve "insultante" que Sánchez negocie cos vascos

Critica que o Goberno central estea aberto a transferir comptencias, cando a Xunta do PP conxelou todas as peticións con Madrid mentres gobernou Rajoy.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de "insultante" este xoves que o Executivo central, co socialista Pedro Sánchez á fronte, negocie "cousas ilegais" con Euskadi e Cataluña mentres "non paga" a débeda a Galicia, non de dá unha data de chegada do AVE e "está a piques de perder 5.000 empregos das electrointensivas".

Tras a reunión semanal do seu Executivo, Feijóo referiuse a a mesa de diálogo sobre Cataluña e á negociación con Euskadi da transferencia de parte das competencias da Seguridade Social, e incidiu na "asimetría" que supoñen estes contactos. Unha "asimetría" que non só é "atípica", senón que lle parece "insultante" e que os galegos "non merecen". Curiosamente, Feijóo decidiu convocar eleccións o vindeiro 5 de abril seguindo así o "bo facer" do lehendakari vasco, Íñigo Urkullu.

Feijóo tamén se referiu a que se negocie con Euskadi a transferencia de parte das competencias "da caixa única da Seguridade Social". "Que en plena precampaña electoral estea a negociarse co PNV a primeira transferencia de competencias en materia de Seguridade Social é un feito sen precedentes e un feito gravísimo", advertiu o presidente galego.

Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA
Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Curisamente, Feijóo paralizou a petición de transferencias a Galicia mentres gobernou Rajoy e comezou agora a pedilas no goberno de Sánchez, entre elas, a da AP-9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta