Morre un traballador no porto da Coruña tras un infarto e unha espera de media hora por unha ambulancia

UGT denuncia que o vehículo non estaba preparado para un caso así.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/02/2020 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Un traballador de 38 anos faleceu o xoves 13 de febreiro no porto exterior da Coruña tras sufrir un infarto e unha espera dunha media hora dunha ambulancia, segundo explicaron desde UGT, sindicato ao que pertencía o traballador como delegado sindical.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Sobre este suceso, explicaron que os feitos se produciron sobre as 08,00 horas e despois de que o traballador sufrise un infarto. Nese momento, os seus compañeiros trataron de reanimalo e chamaron a unha ambulancia. "Que tardou máis do debido", dixeron sobre a primeira ambulancia.

En concreto, precisaron desde o sindicato que esta primeira ambulancia non chegou ao lugar ata "25 ou 30 minutos despois", pero expuxeron que tampouco "estaba preparada" para un caso como o do operario. "Tivo que ir unha segunda ambulancia", engadiron.

Por outra banda, aseguraron que están á espera da autopsia para exporse se esixen que se depuren responsabilidades e tamén do informe da Inspección de Traballo.

Con todo, criticaron que non haxa ningún servizo sanitario nas instalacións de Langosteira. "Non hai médico, nin un ATS", din, asegurando que é unha demanda de todos os traballadores, non só dos que traballan para Galigrain, a empresa para a que o falecido realizaba labores de descarga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta