Ana Pontón (BNG): "O centralismo é letal para o noso país"

Ve nas autonómicas "unha grande oportunidade para abrir un tempo novo en Galicia" e "deixar atrás" o goberno do PP, que cre "esgotado".

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 21/02/2020 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, referiuse este venres ao acordo histórico entre Euskadi e o Estado que permite completar o Estatuto de Gernika coa transferencia das 32 materias pendentes recollidas nel, entre elas a xestión económica da Seguridade Social. "O centralismo é letal para o noso país", subliñou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun almorzo informativo en Pontevedra
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun almorzo informativo en Pontevedra | Fonte: BNG.

"O Estatuto de Autonomía actual de Galicia xa recoñece que a xestión da Seguridade Social deberíase facer desde Galicia", lembrou a portavoz do BNG nun almorzo informativo en Pontevedra.

Pontón asegurou que o Bloque Nacionalista Galego conseguiu cun acordo de investidura con máis compromisos co país que o popular Alberto Núñez Feijóo en once anos. Así, asegurou que o seu é "un mandato de resta onde non foi capaz de defender os intereses do país".

Así mesmo, criticou que "agora en campaña se queira envolver na bandeira de Galicia" e se poña "en modo Feijóo Calimero, chorando polas esquinas".

Para a portavoz do BNG, Núñez Feijóo "estivo sempre antepondo os intereses do seu partido" e apuntou que a súa etapa á fronte da Xunta foi "unha presidencia de submisión, primeiro a Rajoy e agora a Casado".

Así, cualificou de "insultante" que Núñez Feijóo non conseguise nin reclamase durante once anos á fronte do Goberno ningunha nova competencia para Galicia, sendo "cómplice", engadiu, de recortes e recentralizacións e "xogando ao centralismo máis rancio e máis cutre", matizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Interesante, moi interesante... Pero a ver se me explica alguén como sendo o centralismo letal para Galicia, eles teñen pensado pactar co PSOE (seica non son centralistas?) // UnidasPodemos é centralista, EnMarea é centralista, Anova é centralista, os únicos que non son centralistas son a UPG "guiando al pueblo" para botalo nas mans dos neoliberais do PSOE ? Está ben o conto, para quen trague...

1 Bateiro

Está claro que para ti o mellor sería que deixaran facer o seu antollo o teu capo feixoo.

2 Gamela

Non. Se te fixas na fotografía verás como o Capo é Néstor Rego (que lles explica a última estratexia da UPG aos aprendices!) Todos coñecemos as "competencias" logradas pola UPG en 50 anos de vida activa (?) Pero fálalles de repoboar Galicia e verás o verdadeiro rostro dos galegos "internacionalistas con pedigree" (?) https://i.gal/gamela13