Espazo Común pecha un acordo con Recortes Cero e Os Verdes en Ourense

Queren pelexar para que a provincia de Ourense teña presenza e capacidade de defender os seus "pisados dereitos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Espazo Común, formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel 'Pachi' Vázquez, pechou un acordo de coalición para as eleccións autonómicas con Recortes Cero e Os Verdes para a provincia de Ourense.

A formación destaca que se afianza "con paso firme" o proxecto lanzado por Espazo Común para pelexar para que a provincia de Ourense teña presenza e capacidade de defender os seus "pisados dereitos".

Espazo Común pecha un acordo con Recortes Cero e Os Verdes para presentarse pola provincia de Ourense
Espazo Común pecha un acordo con Recortes Cero e Os Verdes para presentarse pola provincia de Ourense | Fonte: Europa Press

"O obxectivo é claro: que, como mínimo, 10.000 dos 300.000 habitantes da provincia tomen conciencia de que é xa tempo de que Ourense decida", subliña a organización fundada por Pachi Vázquez.

Así mesmo, destaca que este acordo busca "formar unha fronte o máis ampla posible" para conseguir este obxectivo. "É por iso que cremos que a conxunción do coñecemento do territorio e a defensa innegociable da Galicia máis desfavorecida de Espazo Común, xunto coa forza ideolóxica de progreso, reequilibrio de recursos e defensa da contorna natural das organizacións Recortes Cero e Os Verdes, encaixa de forma perfecta para axuntar esforzos de face a esta convocatoria electoral", indica.

Deste xeito, Espazo Común considera que o 5 de abril pode e debe de ser o principio dun novo tempo. "E todos aqueles que traballamos contra vento e marea para evitar un Ourense baleiro temos que unirnos e plantar cara ás políticas coas que todos os partidos tradicionais levan anos castigando a esta terra", finaliza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pachista

Tembla Feijoo!!!

1 Centroeuropeo

Serían 10.000 votos botados ao lixo. Para quen aínda non o saiba: Recortes Cero é a marca electoral dun partido que todos cualifican de secta, Unidad Comunista de España, e os chamados Verdes non son un partido, senón unha marca coa que adoitaba trafegar en cada elección (a cambio de colocar os seus como asesores, etc.) un señor de Madrí chamado Esteban Cabal.