Santiago porá en marcha este primeiro semestre o servizo de inspección para denunciar pisos ilegais ante a Xunta

Responde así ás queixas dos estudantes polos abusos nos alugueres na cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago porá en marcha este primeiro semestre, como administración colaboradora coa Xunta, dun servizo de inspección que tramitará as denuncias dos pisos turísticos en situación irregular ante o Goberno galego.

Así o dixo o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preguntado polas denuncias da asociación estudantil Anega pola situación dos pisos dos universitarios en Compostela, o elevado prezo do aluguer e a pouca dispoñibilidade debido ao elevado volume de inmobles dedicados a uso turístico.

"Non é a primeira vez que pasa", lembrou Bugallo, que insistiu en que nos últimos 30 anos déronse este tipo de queixas "de forma recorrente", sobre todo polas condicións nas que están algúns destes pisos.

Neste sentido, considerou "perfectamente normal" que os alumnos trasladen estas queixas, sobre todo ante a deriva de moitas destas prazas de aluguer cara ao mercado turístico e a suba de prezos "de forma moi significativa".

"Somos conscientes que temos un problema e estamos máis que implicados", asegurou o rexedor local, lembrando a moratoria aprobada para evitar novas licenzas deste tipo de pisos durante un ano ou a modificación do Plan Xeral para "limitar ese tipo de usos".

Así mesmo, referiuse ao acordo coa Xunta polo que o Concello será "administración colaboradora" cun servizo de inspección para tramitar denuncias de prazas en situación irregular ante o Goberno galego, e que custeará o propio Executivo local.

Sobre a limitación dos prezos do aluguer, lembrou que se trata dunha cuestión que lle corresponde ao Executivo central e que sería "fantástico" que o resto de administracións poidan contar cun marco clarificador neste sentido, no que se regulasen as condicións de aluguer e as condicións fiscais sobre vivendas baleiras. ""En Santiago temos un problema severo, xunto a Barcelona", insistiu.

Finalmente, sobre unha hipotética reunión con Pedro Sánchez aproveitando a súa visita este domingo para arroupar ao líder socialista galego, Gonzalo Caballero, Bugallo considerou que non sería o contexto apropiado para iso, pero que espera "ter a oportunidade" de trasladarlle as preocupacións da cidade nalgún momento "non demasiado afastado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta