O PSOE pontevedrés estima que "o mellor que lle pode pasar" aos veciños é ter a Caballero como presidente

"Estamos preparados para gobernar Galicia, e a provincia de Pontevedra volverá facer a súa achega converténdose de novo no celeiro de votos do PSdeG", sinala o secretario provincial, David Regades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, asegurou que "o mellor que lle pode pasar" aos veciños de calquera pobo da provincia é que o candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, sexa o próximo presidente.

Regades pronunciouse deste xeito con motivo da reunión do comité executivo provincial do partido para aprobar o calendario de elaboración da candidatura pontevedresa, que encabezará o propio aspirante á Xunta.

En consonancia co cronograma aprobado pola dirección do PSdeG, os socialistas celebrarán as súas asembleas locais na provincia entre os días 22 e 25, nas que poderán postularse os militantes. Tras iso, o día 26, a comisión executiva provincial fará a súa proposta. E ao día 27, a executiva galega fará o propio coas listas do catro provincias galegas para que, finalmente, sexan aprobadas pola dirección federal o próximo día 28.

"Estamos preparados para gobernar Galicia, e a provincia de Pontevedra volverá facer a súa achega converténdose de novo no celeiro de votos do PSdeG", sinala Regades, que ve necesaria unha Xunta que "deixe atrás a crispación constante e a confrontación partidista" cos gobernos locais, provinciais e do Estado.

Ademais, Regades comprometeu a súa implicación persoal "ao 200% para volver gastar as zapatillas" nunha campaña pegada ao territorio e próxima á cidadanía.

David  Regades
David Regades

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Falou o neno dos recados de Abel Caballero (agora flamante presidente da Zona Franca de Vigo) Non cabe dúbida algunha que esta xente está disposta a mentir canto sexa preciso en campaña electoral e logo facer o que lles pete (como teñen demostrado en Vigo nos últimos TRECE anos!) Aquí tedes dous exemplos de como logran os votos dos incautos vigueses, para seguir pegados ao PODER e vivir do conto sen importarlles un bledo a VIDA REAL da xente !!! https://flic.kr/p/2ivSEbg / https://flic.kr/p/2ivSErw