Un accidente en Valga deixa un ciclista ferido de gravidade ao bater cunha furgoneta

Os equipos de emerxencias trataron de cortar a circulación do tráfico para favorecer a manobra de aterraxe dun helicóptero que trasladaría o accidentado.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 22/02/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Un home de 61 anos resultou ferido de gravidade despois de chocar cunha furgoneta mentres conducía a súa bicicleta na estrada PO-548, á altura do concello pontevedrés de Valga.

Cara ás 11,15 horas da mañá deste sábado, o ciclista (natural de Boiro) foi atropelado por un vehículo que conducía unha muller de 48 anos, veciña de Valga, que saíu ilesa, segundo explicou a Garda Civil a través das redes sociais.

Pola súa banda, o home resultou gravemente afectado e por este motivo os servizos sanitarios solicitaron a mobilización dun helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar á persoa ferida.

Ata o lugar do accidente, o quilómetro 4 desta estrada, trasladáronse os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros do Salnés e os membros de GES de Padrón.

Unha vez alí, os equipos de emerxencias trataron de cortar a circulación do tráfico para favorecer a manobra de aterraxe da aeronave para trasladar ao accidentado.

Ademais, co fin de garantir as condicións de seguridade da vía, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Valga e do servizo de mantemento da estrada.

Un home resulta gravemente ferido tras ser arroiado unha furgoneta mentres conducía a súa bicibleta. GARDA CIVIL
Un home resulta gravemente ferido tras ser arroiado unha furgoneta mentres conducía a súa bicibleta. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta