Pedro Sánchez estará en Santiago este domingo para apoiar a candidatura de Gonzalo Caballero á Xunta

Caballero asegura que o acto será a saída da precampaña, unhas semanas "de alta intensidade" que acabarán coa chegada do "cambio" a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Presidente do Goberno e secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez, apoia este domingo, día 23 de febreiro, ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, nun acto que terá lugar no pavillón Multiusos do Sar.

O líder dos socialistas participará no acto de presentación da candidatura de Gonzalo Caballero, na que tamén participarán os alcaldes de Vigo e Santiago, Abel Caballero e Xosé Sánchez Bugallo, respectivamente.

O aspirante do PSdeG á Xunta asegurou este sábado que o acto que terá lugar o domingo será "o pistoletazo de saída da precampaña", unhas semanas de "alta intensidade" que concluirán coa chegada do "cambio" ao goberno galego.

O líder do PSOE, Pedro Sánchez, saúda ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tras a investidura. PSDEG
O líder do PSOE, Pedro Sánchez, saúda ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tras a investidura. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

y Gonzalito sigue adelante a la sombra del tío Abel y de la tita Carmela !!! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Bateiro

Xa tardaba o trol de feixoo. Estás de descanso da farinha?.

2 Gamela

Carallo o novo título vouno enmarcar para cando proclamedes a República Galega (UPG) http://www.galiciaconfidencial.com/... ¿A ver cando aprendedes a ler?