Temas: XUíZO HERDANZA

Petición de tres anos de cadea para un pai e un fillo por apropiarse do diñeiro dunha herdanza

Ambos apropiáronse do diñeiro en prexuízo do resto dos herdeiros, que non recibiron a parte correspondente dos seus dereitos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2020 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un pai e un fillo enfróntanse a unha pena de tres anos de prisión, respectivamente, por apropiarse do diñeiro dunha herdanza que ascendía a máis de 170.000 euros. O xuízo celebrarase o 27 de febreiro ás 09,30 horas, na sección sexta da Audiencia provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

En decembro de 2012, un dos acusados, JA.B.R., recibiu un talón do Concello de Santiago en concepto de indemnización para a comunidade hereditaria do seu defunto avó, por un importe de 178.701,11 euros.

Aproximadamente un ano despois, e en común acordo co seu pai, o tamén acusado I.B.S., transferiu a cantidade de 172.000 euros a unha conta, titularidade dun deles.

Deste xeito, segundo a Fiscalía, ambos apropiáronse da referida cantidade en prexuízo do resto dos herdeiros, que non recibiron a parte correspondente dos seus dereitos.

Ambos están acusados dun delito de apropiación indebida e enfróntanse a unha petición de tres anos de prisión para cada un, ademais do pago dunha indemnización á comunidade hereditaria polo importe do talón facilitado no seu día polo Concello compostelán.

Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: XUíZO HERDANZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta