A Deputación de Pontevedra convoca os Premios Demo Day para galardoar proxectos emprendedores de alumnos de FP

A finalidade desta convocatoria, é promover no alumnado de FP "a iniciativa emprendedora, así como a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra publicou as bases da nova edición dos 'Premios Demo Day', que galardoarán proxectos impulsados por alumnado de Formación Profesional (FP).

Os premios contarán cunha dotación total de 1.900 euros repartidos en dúas categorías. Así, mentres que o gañador de entre os ciclos medios recibirá 700 euros; o galardón dos ciclos superiores serán un de 500 e outro de 700.

No caso de que non se alcance unha participación mínima e concursasen todas as iniciativas por igual, habería dous premios: un primeiro de 700 euros e un segundo de 500.

A finalidade desta convocatoria, explica a Deputación de Pontevedra, é promover no alumnado de FP "a iniciativa emprendedora, así como a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades".

Para participar, o alumnado terán que elaborar un proxecto empresarial relacionado coa rama do ciclo que cursen. Aqueles que sexan relacionados entrarán nun programa de apoio e asesoramento denominado 'Aceleración de proxectos', un proceso que culminará o próximo mes de marzo cos Premios 'Demo Day'.

Alumnos  en Olimpíadas de FP. - Arquivo
Alumnos en Olimpíadas de FP. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta