VÍDEO: Jácome 'estrea' o parque acuático de Ourense

O alcalde participou nunha parodia dunha comparsa durante o desfile de Entroido.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 24/02/2020 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, foi o protagonista do desfile de Entroido en Ourense, onde apareceu disfrazado e non dubidou en participar dunha parodia dunha das comparsas sobre o proxecto de parque acuático termal ideado para a cidade.

Gonzalo Pérez Jácome participa nunha parodia do proxecto de parque acuático para Ourense, durante o desfile de Entroido.
Gonzalo Pérez Jácome participa nunha parodia do proxecto de parque acuático para Ourense, durante o desfile de Entroido.

Animado polos participantes, Jácome animouse a tirarse do tobogán que levaba unha das comparsas que participou no desfile, parodinando o proxecto que se pretende construír no complexo deportivo de Monterrei.

A idea de construír un parque acuático é unha vella aspiración de Jácome que recolleu o socio de goberno de Democracia Ourensana tanto na cidade como na Deputación, o PP, para elevalo á Xunta de Galicia, onde o presidente, Alberto Núñez Feijóo, avalou o proxecto e utilizouno xa en 2016 como arma electoral e elevou recentemente o seu custo a uns 9 millóns de euros.

O parque acuático promete ser un dos puntos estrelas da campaña electoral deste ano, de cara aos comicios galegos do 5 de abril. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta