Aparece o cadáver dunha muller sen identificación no río Ulla no seu paso por Padrón

Polo momento descoñécese a identidade da muller, duns 60 anos de idade, xa que non porta documentación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2020 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha muller foi achado na mañá deste luns na canle do río Ulla, ao seu paso polo municipio coruñés de Padrón.

Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencias, foron uns pescadores de lamprea quen observaron o cadáver sobre as 10:00 horas. Tras recibir o aviso, ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios, o GES de Padrón, así como axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Estas fontes sinalaron que polo momento se descoñece a identidade da muller, duns 60 anos de idade, xa que non porta documentación. Ademais, as autoridades investigan as causas do falecemento.

Río Ulla
Río Ulla

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta