CxG rexistra unha nova coalición tras fracasar o acordo co BNG aos que cualifica agora de "comunistas"

A formación de Xoán Carlos Piñeiro decidira integrarse nas listas do BNG nas pasadas xerais. Agora asina a coalición Nós-Galeguistas para ir co Partido Galeguista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/02/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia pasou dun trato idílico co BNG a case insultalos. O secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG), Xoán Carlos Piñeiro, acusou ao Bloque de impedir unha nova alianza e acusounos de ser "comunistas". Por iso, e tras non fructificar unha alianza por posicións de máximos “dos interlocutores",  CxG optou por presentarse co Partido Galeguista dentro da coalición Nós-Galeguistas.

Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

“Estamos esperando adhesións e dependendo de como vaian ditas adhesións, poderemos sufrir algún cambio no nome da coalición, depende da Mesa Electoral” di Piñeiro. A coalición Nós-Galeguistas, está rexistrada por un partido, Vía Nova, que está dentro de CxG.

“Estivemos falando con Coalición Galega, co Partido Galeguista e de momento só hai conversas, non coñecemos como iremos finalmente, se non progresa a idea de coalición, iremos como CxG” aclara Xoán Carlos Piñeiro.

Nun comunicado de Compromiso anunciando a coalición, declaran  que o obxectivo político deste proxecto “é aglutinar aquelas persoas que acreditan na capacidade autogoberno de  Galicia e non se senten representados polas forza de esquerda e comunistas”. Piñeiro declara sobre este punto que todo o mundo está por construir un espazo en Galicia que sexa un “soberanismo moderado”.

O BNG NON QUIXO DAR UN POSTO DE SAÍDA

Sobre a non concorrencia de CxG co BNG, como nas eleccións do 10N, Piñeiro aclara que “nestas eleccións do 5A xogabamos na casa e reclamamos ao Bloque ter dentro do seu grupo un representante de Compromiso no Parlamento galego”. Piñeiro afirma que isto sería sempre dentro da lealdade  e respecto ao grupo parlamentar. “O BNG ofreceu  postos tetemuñais nas listas do 5A e iso non é o que quería a nosa organización”.

Preguntado sobre se a non presentación de En Marea implicará que CxG ocupe o seu espectro electoral, o secretario xeral do partido galeguista declara que non buscan substituir a En Marea. “Nós somos un partido cunha estructura e a nosa idea é presentar esta ferramenta de coalición para que, quen queira, se sume en positivo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 Aínda o din

Un partido que só vai sacar uns poucos centos de votos recoñece que pretendía que lle cedesen un deputado no parlamento!!!! Pero isto que broma pesada é????

4 Mugueimes

O sorprendente é a novidade que alguns considerem notícia a disputa por um posto. Natural! Claro que estes queriam colocação em primeira, igual que os de Anova se venderam por ir um par em lugar de saída. Exacto! Como os da UPG, que amarram todos os primeiros postos. Aqui todos os partidos estão pelo negócio. Sem exceção nem miramentos, querem colocação. Simples, estamos no país dos que se vendem barato. Muito barato, quase regalado! Por isso muitas não votam, os políticos profissionais não nos representam. Desconfiamos do PPsoE, e não confiamos no negócio da UPG e do PcE!

1 Gamela

Mellor non se pode dicir... Lamentable que logo de apañar cacho (Néstor Rego) ao día seguinte xa non coñecen a ninguén ! Ese é o país que queren, o país para eles sós !

3 Xanc

Jajajajsja. Un posto de saída quería...!! E o Bloque que puxera a c.ma tamén ... E din que ían ser leais... coma en Amio? Vaia banda de fl.pados! Vanlle facer o traballo sucio a Feijóo

1 Galeguista

Iso sería o normal mais o BNG non foi xeneroso

2 Bernal Calvo Delaciga

Amio foi hai 8 anos. Nunha organización política dinámica xa estaría superado. Pero nunha conservadora e incapaz de evolucionar como o BNG, Amio implica un trauma eterno. Dicídelle á coronela que reparta a fortuna e vos financie dunha vez unha terapia colectiva.

3 Xanca

Xanc "... E o bloque que puxera a cama tamén"... oxalá ese machismo só se use para a escrita.

2 Bateiro

Caminhando cara a integrazón no PP!!!

1 caxancran

Quen con nenos se deita....mexado erguese.