G. Caballero pide "acougo" á militancia porque o seu compromiso é facer "as mellores listas"

Di que Feijóo busca "escusar o seu fracaso" tras as críticas a Pedro Sánchez.

Por E.P. | CORUÑA, A | 24/02/2020 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O secretario xeral dos socialistas galegos e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, manifestou que o seu compromiso é facer "as mellores listas" cos "mellores equipos" nas eleccións autonómicas.

Así se pronunciou tras un encontro coa rexedora da Coruña, Inés Rey, ao ser preguntado, despois do mesmo, sobre os que cuestionaron que fixese públicos as cabezas de lista por cada provincia para as autonómicas antes da celebración das asembleas.

En concreto, cuestionado se se respectarán as decisións dos militantes, Gonzalo Caballero incidiu en que "o proceso nas listas do PSdeG é moi claro". "Os militantes propoñen nomes e a dirección política fai as mellores listas".

"E eu teño o compromiso de facer as mellores candidaturas para gañar as eleccións", apostilou. Ao fío diso, incidiu en que serán "os mellores equipos e perfís" co obxectivo de facer "as mellores candidaturas".

CABEZA DE LISTA POLA CORUÑA

Sobre o anuncio de que o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, será o número un pola provincia da Coruña, asegurou, ao ser preguntado por este anuncio en concreto, que o que trasladou é que "vai ser un magnífico representante e deputado no Parlamento galego".

"Imos pór nas listas o mellor do PSdeG e, a partir de ahi, construír os mellores equipos", engadiu, pedindo "tranquilidade" e "acougo" aos seus compañeiros de partido. Ademais, sinalou que "de aquí ao fin de semana" anunciarán "o conxunto de todas as listas". "Que serán listas potentísimas, que se farán como sempre se fan no PSOE", apostilou.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pousan tras unha reunión na cidade herculina. PSDEG-PSOE
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pousan tras unha reunión na cidade herculina. PSDEG-PSOE

CRÍTICAS A FEIJÓO

Por outra banda, considerou que o titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, busca "escusar o seu fracaso" en Galicia "buscando outro responsable", en resposta ás manifestacións deste sobre a presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en Santiago.

"Os tres grandes problemas que ten Galicia son o emprego, o despoboamento e reto demográfico e a crise na sanidade pública, e eses tres elementos son retos competencia do Goberno da Xunta", replicou Gonzalo Caballero aos comentarios de Feijóo, nos que sostivo que Sánchez veu á comunidade autónoma con "descualificacións" e non con "solucións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Agás Pablo Arangüena ao resto pode metelos no tranvía do seu tío https://flic.kr/p/2ivSEbg Que lástima que con tanta política "progresista" aínda non teñamos un sistema electoral con LISTAS ABERTAS !!!