Beiras e Conde, protagonistas sorpresa do debate

Jorquera e Feijóo asinaron tablas no último debate da TVG. Por veces aburridos, e por veces intensos, os dous dirixentes marearon con cifras económicas contrapostas. Ao final un "good night" e un "boa sorte" reconciliou aos dous dirixentes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/10/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Non participaron nos debates, pero como se estiveran. O toma e daca de Feijóo e Jorquera no último debate da TVG serviu para que Xosé Manuel Beiras e Mario Conde adquiriran un protagonismo inusitado e foran citados varias veces polos contendentes.

Feijóo e Jorquera antes do debate
Feijóo e Jorquera antes do debate | Fonte: Qué

E é que a posibilidade de pactos do PPdeG e do BNG se non hai maioría absoluta converteuse nunha obsesión para ambos os dous dirixentes. Jorquera citou a Conde ata en seis ocasións para advertir aos electores que os populares poderían pactar con el se non teñen a maioría absoluta. E o mesmo fixo Feijóo nomeando a un Xosé Manuel --cuxa saída do BNG aínda escoce nesta formación- para insinuar que nacionalistas e socialistas igual dependen dos seus votos para gobernar.

Ambos os dous dirixentes atacaronse varias veces sobre a posibilidade de asinar pactos se non se producen maiorías absolutas. Feijóo lembrando o "desastre" do bipartito,"que agora sería un quintaparito", e Jorquera lembrandolle que igual depende dun banqueiro co que colaboran "ex conselleiros de Fraga".

Empate

Con todo, o último debate rematou en táboas. Nin Feijóo, nin Jorquera conseguiron impoñerse nun cara a cara que, por veces, foi aburrido e por veces, intenso. A economía, os servizos sociais e o autogoberno volveron a acaparar a intervención dos candidatos.

Así, o presidente galego presumiu de goberno durante estes catro anos e dixo que Galicia foi capaz de facerlle fronte á crise con medidas de aforro e control do déficit. "Non sei en que país vive vostede porque neste periodo 60.000 mozos tiveron que emigrar", repostoulle Jorquera.

O líder nacionalista atacou con datos económicos de desemprego e Feijóo insistiu en que os dados en Galicia son mellores que os do Estado. Ambos os dous tiraron de gráficos diferentes para demostrar que un e o outro estaban errados sobre os datos do paro rexistrado e da EPA.

"Carné de galegos"

No debate tamén saíu a relucir o famoso informe do Consello de Contas ao que Feijóo restoulle importancia. "Non existe tal informe, é un anteproxecto", dixo. "Será un anteproxecto pero está asiando polo ex conselleiro de Economía do PP, Juan Antonio Orza", espetoulle Jorquera.

Os dous dirixentes tamén se erixiron en defensores de Galicia e do autogoberno. "Non diga vostede quen debe ou non ser galego. Se fora polo BNG, Galicia sería máis cativa", apuntou Feijóo. "Eu non reparto carnés de galeguidade pero tampouco fago como vostede de supeditar Galicia ao que diga Rajoy porque vostede é un delegado de Goberno de Rajoy e o seu voto vai a Rajoy", respondeulle Jorquera que foi o único momento no que sacou a relucir o Goberno de Rajoy, un argumento que utilizou moito máis o líder socialista para desacreditar ao presidente galego.

Futbol e xornalismo

Durante o encontro producíronse varias anécdotas. Jorquera declarouse deportivista, "e como deportivista quero que o clube estea ben xestionado". "A vostede preocupalle que estea ben xestionado un equipo de fútbol. A min preocupame que o estea Galicia", respondíalle Feijóo.

E tamén houbo momentos de cabreo, especialmente, cando Jorquera amosou unha portada do diario La Región, que nos últimos meses ten unha liña moi crítica coa  Xunta, na que se criticaba o estado da sanidade. "Ese xornal ataca á sanidade pública e sacou unha nova que non está confirmada", dixo o presidente galego visiblemente enoxado. "Ten gracia que sexa vostede quen fale así da prensa", comentoulle Jorquera en alusión ao apoio que recibe da maior parte da prensa galega.

Xa na quedan final, e a pesares dos reproches, houbo "fair play" entre os contrincantes, algo que non aconteceu no debate entre Vázquez e Feijóo. "Desexolle moita sorte a vostede e ao seu partido nestes comicios", despediuse o presidente galego. "E tamén eu a vostede no personal", respondeulle Jorquera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

8 Roi

Beiras vai rachar con este equilibrio de mediocres.

1 yoAGE

alabado sexa Beiras y alabado sexa Cayo!!

2 Xanti

que cansinos, Beiras non vai apañar case nada.

3 Un de Abrente

Xa, o que ía queimar a Fraga en 40 días e acabou comendo da súa man (ás agochadas). O home que foi valedor de Quintana pese ao rexeitamento da UPG. O home que dicía que o BNG tíñase que abrir á sociedade e acabou indo ás festas da Voz de Galicia. O home que dicía que o BNG debía de pactar con CiU e co PNV para poñer a Galiza no mesmo rango que as nacións sen estado...etc. Tanto etc que o 95,5% da militancia do BNG acabou até as mesmas do seu egocentrismo.

4 Roi 2

Beiras non é mediocre? Non foi aquel que se negaba a facerlle unha moción de censura a Fraga polo do Prestige porque eran colegas e comían xuntos na "intimidá"?

5 Movemento

Beiras foi un home que na súa vida política sen dúbica que cometeu moitos erros, pero iso é porque se move, e os que se moven arriscanse a cometer erros e acertos,con todo, prefiro a un tipo de estas caracteristicas que ós inmovilistas e anacronicos, os que pactan todo por detrás, os cáciques que critican ó caciquismo, ós que pensan que a oscuridade é o sitio máis seguro, as sectas teran que desaparecer no século XXI.

6 Antónimus

Si, con el vai bascular o peso mediocre cara un lado

7 Jorquera varreu ao mentirán

Con este títular isto semella o GC V Televisión

6 Independentista

Feijoo,Jorquera,Pachi,vaia mediocres! Metense na politica os peores. Menos mal que Beiras fai subir o encefalograma plano dos ultimos anos da politica galega....

1 Dependentistas

Xa todo dios sabe o que fixo Beiras nos últimos anos na política galega.

2 Independentista

Infelizmente,no nacionalismo,a UPG tivo o mando e o control absoluto....e asi nos foi.

3 Dependentistas

Carallo que obsesión coa UPG, quen falou dela?. Pero xa que o dis, insisto abrindo o tema: xa todo dios sabe o que fixo Beiras e a UPG nos últimos anos na política galega.

5 comento

Amiguiños do BNG; tanta luita interna preAmio e tanta parida e rollito de "radicalidade" para isto?? Veña oh,para isto non facía falta tanta desfeita... Miña nai.... menos mal que andamos os AGE e BEiras por aquí, que se non.... Hai que paralos!! e botalos!!

1 Cemento

Efectivamente, andades por aquí, porque por outro lado aínda non vos vin.

2 aaaaaaaaaag

Ide paralos a Estremadura, sinvergonzas

3 Antónimus

Xa, ... tanta desfeita para acabar votando a Izquierda Unida, ... o epílogo de Beiras vai ser á maior gloria de Cayo Lara

4 Plas plis

Estamosche ben fodidos, porque para votar Paco Rodriguez e Acolitos S.A tamén lle hai que votar peito

5 Sparafucile

Melhor Paco Rodríguez que Cayo Lara um milhão de vezes.

6 comento

chamádelle X, chamádenos o que queirades, ladrade se preferides (por sorte xa non vos temos que aturar) ...pero tanta desfeita para "ISO"?? era esa "radicalidade" que non tiñamos o resto? non tedes vergoña, a U si que pasará aos anos, perdóns, aos anais da infrahistoria do egoimos político do nacionalismo galego. De todas formas, lembrade; o enimigo é o PP.

4 Xanti

Empate???? Jorquera ou non se preparou ben o debate ou non sei, pero e que esquivaba preguntas, non respostaba, chimpábanlle as estratexias... todos sabemos que Feijoo é especialista en darlle a volta a realidade pero e que mira que non debería ter munición Jorquera. Pachi Vázquez estivo moito mellor, que manda carallo...

1 certo

É que Jorquera traballa para Pachi Vázquez, logo non podía deixar en evidencia ao verdadeiro candidato alternativo a Feijóo. É o que ten traballar para o inglés...