Feijóo iniste no seu argumento electoral de que a Galicia lle dan menos que a Cataluña e Euskadi

Asegura que non calará "ante un atropelo" como a decisión de non devolver o IVE ás autonomías.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/02/2020 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a denunciar "improvisación" na política enerxética e industrial do Goberno, ao que acusou de favorecer a Cataluña e País Vasco co estatuto electrointensivo que presentou.

"Queremos competir, non que nos corten as ás", dixo no Foro Galicia sobre 'Innovación e Sustentabilidade na Industria Galega', celebrado na Coruña e promovido polo diario 'El Economista', ao que asistiu tamén o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Nel, Feijóo reivindicou a Galicia com unha autonomía "solvente", "viable" e que "cumpriu co déficit público ano tras ano", pero denunciou os "problemas" aos que se enfronta e que vinculou coa xestión do Goberno central tanto en referencia á súa política enerxética e industrial como os prazos de chegada do AVE ou a súa postura sobre os 200 millóns que a Xunta lle reclama polo IVE correspondente a decembro de 2017.

E é que o presidente do Executivo galego denunciou a "asimetría" que, na súa opinión, se produce na xestión do Goberno central en relación ao trato dunhas autonomías respecto doutras. Así, considerou que se estaría falando dun Estado "semifeudal", no que se perde "a noción da nación", se a axenda política se centra en falar de "Madrid-Barcelona ou Vitoria-Madrid".

O presidente de Galicia e do PP de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente de Galicia e do PP de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Mais esquece dicir que esta discriminacion acontece tamen cando goberna o seu partido en Madrid. E el segue sen esixir unha "tarifa electrica galega" cando temos miles de postos de traballo en risco e somos unha terra que produce enerxia. O seu partido non fai tanto gobernou en Madrid e ninsequera conseguiu a transferenza da AP-9 para por fin as caras peaxes. Os vascos e catalans defenden o seu (comezando pola lingua propia e autogoberno) e por iso non lles vai nada mal, aqui temos sumision a Madrid. Mais os galegos podemos mudar todo isto votando nas proximas eleccions ao BNG.