Condenados un empresario coruñés e os seus fillos a catro anos de prisión por estafa procesual

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, foi por idear un plan e manobrar co obxectivo de impedir que dous acredores cobrasen 250.974 euros. O tribunal tamén sentenciou a outro dos fillos do investigado a dous anos de prisión como autor dun delito de insolvencia punible.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/02/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos de cárcere, como autores dun delito de estafa procesual e insolvencia punible, a un empresario coruñés e a dous dos seus fillos. Todos eles actuaban como socios e administradores de diferentes sociades.

Fíxoo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por idear un plan e manobrar co obxectivo de impedir que dous acredores cobrasen 250.974 euros. O tribunal tamén sentenciou a outro dos fillos do investigado a dous anos de prisión como autor dun delito de insolvencia punible.

Os acusados, segundo consta na sentenza, "decidiron actuar sobre os seus bens para situalos fora do alcance dos acredores e evitar o cobro de cantidades recoñecidas xudicialmente" tras un fallo xudicial de 2010.

"A prolixa e non impugnada documental pública e o ditame pericial pon de relevo unhas operacións confesadas polos inculpados e concebidas para colocar os bens familiares á marxe do procedemento de execución", recalca o tribunal. Faino en relación a uns feitos relacionados coas sociedades 'Procrayca S.L'; 'Tracerox S.L' e 'Industrias Caamaño S.L', dedicada esta última á venda e instalación de carpintaría metálica.

Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia | Fonte: Caronium en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta