A Xunta anuncia o BIC para o gran asentamento de Adro Vello en época preelectoral

Nel se atopan rexistros desde a época romana ata o século XVIII.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Prosegue o camiño cara á declaración do xacemento de Adro Vello, no Grove, como Ben de Interese Cultural. E, agora, semella que, por ser época prelectoral, con máis interese. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, trasladou este mércores o seu compromiso para tentar lograr este recoñecemento e valorou o inicio dos estudos previos necesarios para proceder á súa incoación.

Este xacemento arqueolóxico atópase ao bordo da praia do Carreiro. Nel pódese contemplar, en diversas capas, unha vila romana, unha necrópole de inhumación que data dos séculos V-XVIII, a planta dunha igrexa visigótica e elementos dunha fortificación da Baixa Idade Media, posterior ao s. XII, feita como protección ante posibles agresores que chegasen por mar.

O enclave foi obxecto de diversas intervencións arqueolóxicas entre 1983 e 1990, proxectos de limpeza, consolidación e mantemento dos restos. Así mesmo, o impulso da súa declaración como BIC foi unha petición reiterada desde o municipio do Grove.

O titular de Cultura visitou este venres xunto ao rexedor municipal, José A. Cacabelos e representantes veciñais estes restos arqueolóxicos, na parroquia de San Vicente, onde destacou a "privilexiada localización" deste ben "cunha gran potencialidade vinculada ao turismo cultural".

Rodríguez reivindicou a pegada 'xacobea' do xacemento' a través da moneada de Adro Vello, unha peza do século XII que representa a 'traslatio apostólica' e que sitúa ao emprazamento como "un punto estratéxico" para a conmemoración do Ano Santo.

É por iso que defendeu que a declaración BIC ten que ser o primeiro paso para mellorar este enclave e realizou un chamamento á colaboración de todas as administracións competentes, sobre todo a Xunta, o Goberno local, a Deputación de Pontevedra e o Estado.

Adro Vello, no Grove
Adro Vello, no Grove

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta