Dúas mulleres galegas entran na Rede Europea de Mulleres da Pesca e da Acuicultura

"Así temos a seguridade de que as demandas e necesidades das nosas redeiras, mariscadoras e todo o colectivo en xeral serán tidas en conta", manifestou a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Dúas mulleres galegas incorporáronse á Rede Europea de Mulleres da Pesca e da Acuicultura (Aktea) e, en concreto, ao grupo de traballo que busca revitalizar a rede, programar os próximos encontros e manter unha loita firme en defensa da igualdade.

"Estamos ante unha excelente noticia que o grupo de traballo Aktea conte con dúas representantes galegas, xa que así temos a seguridade de que as demandas e necesidades das nosas redeiras, mariscadoras e todo o colectivo en xeral serán tidas en conta", manifestou a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, quen asistiu xunto a parte da delegación galega á asemblea.

Deste órgano comezaron a formar parte a presidenta de Anmupesca, Rita Míguez, e a presidenta da Federación Galega de Redeiras, Verónica Veres.

Sobre as demandas das mulleres do sectores pesqueiro e marisqueiro fixeron fincapé, novamente ao longo da asemblea, en especial de que os estudos recollan cifras reais das mulleres na pesca, incluíndo a todo o colectivo, poder estar nos centros de toma de decisións que lles afectan directamente e desenvolver un traballo coordinado entre todas as asociacións, así como fomentar a comunicación.

Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez
Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta