G. Caballero espera unha mobilización masiva o 5A que "retire a Feijóo"

O dirixente do PSdeG situou a un Feijóo "descolocado e pendente da súa operación política persoal para colocarse en Madrid no canto de estar pendente dos problemas dos galegos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, chamou a unha mobilización masiva que lle permita encabezar un goberno de progreso na Xunta que "atenda ás necesidades do país".

En fronte, o dirixente do PSdeG situou a un Feijóo "descolocado e pendente da súa operación política persoal para colocarse en Madrid no canto de estar pendente dos problemas dos galegos".

Nunha visita a Ames e acompañado polo alcalde José Miñones, asegurou que Galicia necesita dun goberno de progreso que atenda as necesidades do país, os problemas reais da sanidade pública, o emprego ou o despoboamento. Cuestións que, segundo indicou, "necesitan un proxecto de goberno e un presidente pendente dos problemas da xente".

O xefe de filas do PSdeG defendeu unha "opción de progreso e de futuro" para que o 5 de abril Galicia poida "pasar páxina das leas do PP", da "ineficacia de Feijóo" e dos "riscos que implican as dereitas coas súas tres candidaturas en Galicia".

Así, fronte ao "relato da dereita" que presentaba unha esquerda dividida, Gonzalo Caballero valorou que as forzas progresistas están a facer "adecuadamente" os seus "deberes". "O PSdeG, á fronte dunha maioría social, está a percorrer Galicia, consolidando unha posición para que haxa unha mobilización masiva o 5 de abril que permita retirar a Feijóo", sinalou.

Todo iso mentres, segundo indicou, xa aparece "Abascal en Galicia dicindo que vai salvar ao PP" e tanto Ciudadanos como o PP "non saben que facer". "É necesaria unha nova etapa de progreso e retirar a Feijóo", engadiu Caballero.

O xefe de filas do PSdeG continuou este mércores en Ames a súa rolda de visitas ás alcaldías socialistas. Alí, ofreceu unha "gran alianza dun goberno progresista na Xunta cos municipios e o conxunto da cidadanía".

O secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, en Ferrol.
O secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Malditas elecciones, decimos, si la voz rebelde se domesticó! https://youtu.be/C7cN0qV60zc?t=7m53...

1 Gamela

Por que será que nin siquera o seu tío lle fai caso ? Levamos 13 anos coa democracia bloqueada e este é un bo exemplo do que cabe agardar destes dous titiriteiros da política ! https://adiante.gal/memoria-imposta...