A importancia da comunicación na formación da rapazada
"Creo importante a implantación no sistema educativo dunha materia con perfil de comunicación que permita ao alumnado ter un posicionamento propio", asegura o xornalista Luís Celeiro que imparte as conferencias "Comunica que algo queda" dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".