Nova protesta ante os centros de saúde en defensa da Atención Primaria

"Isto non cambia. Seguimos coa mesma sobrecarga", critica o persoal sanitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Persoal sanitario volveuse concentrar de novo este xoves ao mediodía en centros de saúde de Galicia en defensa da mellora da Atención Primaria, onde advertiron que as mobilizacións continuarán "porque é a única linguaxe que tende esta administración".

En declaracións a Europa Press, un dos portavoces de SOS Sanidade Pública e médico de primaria, Xosé María Dios, incidiu en que levan "tres anos pelexando coa Administración para que deixe de desmantelar o sistema sanitario e, en concreto, a Atención Primaria".

"Están a deixar correr o tempo (a Administración autonómica) e perderon toda credibilidade na creación dun novo modelo de Atención Primaria", afirmou Xosé María Dios.

Mentres, o médico de primaria Ramón Verás, representante de asembleas sanitarias de áreas sanitarias, que convocan as protestas dos xoves, e da plataforma SOS Sanidade Pública, que as apoia, lembrou que levan con estas mobilizacións "máis dun ano" porque "isto non cambia". "Seguimos coa mesma sobrecarga, parece como que o Sergas se dese por satisfeito coas medidas que fixo porque nas consultas non se nota", criticou.

O doutor Veras incidiu en que coas protestas dos xoves pretenden dicir que a situación "non mellora" en Atención Primaria e deixar de mobilizarse "sería claudicar", admitiu, para lamentar que "se hai lista de espera" neste nivel asistencial "non pode haber mellora na sanidade por moitos hospitais que fagan".

Por iso, a Plataforma SOS Sanidade pública acordou manter o respaldo ás concentracións dos xoves ás 12,00 horas nos centros de saúde de Galicia e unha manifestación o 17 de marzo en Vigo.

Peresonal dun centro de saúde da Coruña concéntrase para reivindicar melloras en Atención Primaria.. CEDIDA SOS SANIDADE
Peresonal dun centro de saúde da Coruña concéntrase para reivindicar melloras en Atención Primaria.. CEDIDA SOS SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta