O coronavirus desata unha pandemia en Twitter.... pero de retranca

O pánico "esaxerado" de certos medios de comunicación fai que os usuarios de Twitter bromeen coa enfermidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/02/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A histeria do coronavirus chegou a todo o Estado español. En Galicia, xa se están a esgotar as máscaras nas farmacias. Por mor do alarmismo social que difunden algúns medios de comunicación, semella que estamos a vivir nun clima de apocalipse que acabará co mundo tal e como o coñecemos.

Meme difundido por Whatsapp ante a histeria do coronavirus
Meme difundido por Whatsapp ante a histeria do coronavirus

E isto pódese ver en Twitter. Nesta rede social, ademais dos que cren vivir nunha epidemia que acabará coa raza humana, están os que bromean sobre os feitos a golpe de meme e retranca. Baixo esta confrontación tan dispar, moitos aseguran vivir "nunha simulación".

Tal é así que nada rede social de Twitter, creouse a conta @coronavirusvid19, que superou en poucos días os 400 seguidores. O usuario, ridiculiza o virus e bromea cos infectados. Por exemplo, alardea de viaxar moito por España, referíndose a boa comida dentro do país. Tamén respecto ao tema da independencia de Catalunya, dicindo que agora que chegou "hai moito constitucionalista mirando para outro lado".

As bromas máis virais chegan ao surrealismo. Por exemplo, imitando á xente que fai retos en Twitter, asegurando "se chego a 10.000 falecidos ensino unha teta".

Os memes tamén bromean coa "simulación" na que vivimos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta