Stop impostos!

Os partidos que están no parlamento galego criticanse entre eles polos abundantes casos de corrupción que saen á luz ainda que realmente estes non representan máis que a punta do iceberg da corrupción xeralizada, dirixida e orquestrada desde as “élites extractivas” das que falan Robinson e Acemoglu no seu libro “Porque fracasan as nacións”, o de “extractivas” é unha forma fina e eufemística de dicir que os paises fracasan cando o seu deseño institucional os leva a caer en mans dunha casta política cleptocrática, que extrae as rendas da sociedade, ou sexa e dito en terminoloxía común, que rouba aos contribuintes.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 12/10/2012

Comparte esta noticia
No primeiro debate entre Romney e Obama só se falou dun lugar que non fose os EEUU, foi de España e foi para por ao reino borbónico como referente de como non se deben facer as cousas, dixo Romney que o estado en España manexaba o 42% do PIB e que o estado se estaba lanzando a unha carreira desenfreada de subas de impostos, o que non sabe o candidato republicano que se temos en conta a todo o sector público non é o 42% senón o 56% do PIB o que controla.
 
Os tres partidos do Parlamento Galego e a case totalidade dos que non están no Parlamento non cren que un sector público tan grande sexa un problema en si, senón que cren que son eles os que o teñen que xestionar, pretender vender aos incautos a idea de que debemos confiar en cada un dos seus partidos, que se a Xunta ou o goberno funciona mal é porque non gobernan eles e se “funciona ben” é porque o gobernan eles, cren na bondade dun hiperestado que eles parasitan e do que se benefician para parasitar o poder e para extraer dos cidadáns e empresas todas as rendas posibles através da politicas fiscais confiscatorias que só cuestiona Converxencia XXI.
 
Só Converxencia XXI cre que o hiperestado é malo en esencia, que se acaba comportando como unha mafia legal que extrae as rendas dos contribuintes para repartilo con criterios guiados polo puro e simple interese partidista e persoal de quen goberna. Só Converxencia XXI advirte do terrible problema que supón que unha ou duas organizacións (PP e PSOE) controlen os poderes executivo, lexislativo e xudicial,  ademáis de influir de diversas formas e mediante o uso tamén do diñeiro dos contribuintes nos medios de comunicación públicos e privados. Ante este panorama e se unha cantidade suficiente de individuos non reacciona apostando polo liberalismo o destino que nos agarda non pode ser outro que a miseria para a grande maioria da poboación.
 
Os gobernos autonómico e central do PP non están sendo austeros, están sendo tan malgastadores como os gobernos da esquerda que os antecederon, Feijoo incrementou a débeda da Xunta ata os 7.600 millóns de Euros, aproximadamente o dobre da que había cando tomou posesión do seu cargo, o conxunto do Estado segue gastando uns 100.000 millóns de euros máis do que ingresa todos os anos, a pesar da agresividade confiscatoria no ámbito fiscal do Partido Popular, violencia impositiva do PP que só está logrando incentivar a fraude e contraer a economía sen lograr aumentar os ingresos.
 
Os orzamentos do Estado para o ano que ven xa contemplan maior gasto para o pagamento dos xuros da débeda que para o pagamento dos salarios da administración xeral do Estado, é dicir, a débeda estanos comendo polas pernas pero o discurso dominante sigue insistindo en que estamos sendo demasiado austeros, a burbulla de gasto público, que de 2001 a 2007 se financiou cos ingresos fiscais xerados pola burbulla inmobiliaria, e cando esta pinchou, no 2008, pasou a financiarse con débeda contraida desde o goberno central e comunidades autónomas, pois esta burbulla de gasto público que os estatistas ou as “elites extractivas” se negan a pinchar continua facendo medrar a débeda e os seus correspondentes xuros empurrando irremediablemente ao conxunto do País e a unha parte moi grande dos seus cidadáns a unha situación de miseria como só lembran os que viviron a posguerra civil.
Pois ben, neste contexto onde o dominio ideolóxico, mediático e político do estatismo é de tal calibre que unha situación de malgasto brutal é calificada case unanimemente como de “austeridade draconiana” é na que nos encontramos e na que o dia 21 escolleremos aos nosos representantes no Parlamento de Galicia.
 
Estamos no medio dunha treboada perfecta na que a maioria dos aspirantes a capitán sigue convencidos de que teñen que continuar rumo ao lugar, onde débeda, opresión fiscal e malgasto se xuntan, alí onde a nave acabará por afundirse irremisiblemente, ainda estamos a tempo de evitar a catástrofe se o dia 21 a suficiente cantidade de cidadáns opta polo rumo cara o desendebedamento, a baixada de impostos e a austeridade, en definitiva se os cidadáns optan pola honestidade liberal que só Converxencia XXI representa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA