Afundación trae a adaptación teatral de 'El coronel no tiene quien le escriba', de Carlos Saura e con Imanol Arias

Poderase ver o 5 de marzo no Teatro Afundación de Vigo e o día 6 na Sede Afundación de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/02/2020 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A Tempada de Teatro de Afundación, a Obra Social de Abanca, continúa coa versión teatral de 'El coronel no tiene quien le escriba', de Gabriel García Márquez. Cun elenco conformado por Imanol Arias, Cristina de Inza, Jorge Basanta, Fran Calvo e Marta Molina, e baixo a dirección de Carlos Saura, poderase ver o xoves 5 de marzo, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo, e o venres 6 de marzo, ás 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra.

Imanol Arias protagoniza a adaptación teatral de 'El coronel no tiene quien le escriba' dirixida por Carlos Saura.
Imanol Arias protagoniza a adaptación teatral de 'El coronel no tiene quien le escriba' dirixida por Carlos Saura.

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com..com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20% con respecto ao importe das entradas soltas.

Na obra, o vello coronel e a súa muller viven na miseria, esperando a carta do goberno na que lle comuniquen a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra. Pero esta carta nunca chega, e mentres tanto a vella parella malvive na pobreza alimentando a un galo de pelexa, que é a súa única esperanza de supervivencia. A medida que avanza o tempo e a carta segue sen chegar, deberán enfrontarse a un dilema: alimentar ao galo ou alimentarse eles. A cobiza do pobo, a usura dos supostos amigos e a fatalidade e estupidez da guerra mestúranse coa soidade do vello coronel, vencido pola vida pero ao que aínda lle quedan dous tesouros: o amor da súa muller e a dignidade.

A traxedia do vello coronel é o reflexo da inxustiza no mundo. A súa capacidade de resistencia ante as adversidades que o destino lle presenta é infinita, guiado por unha rebeldía tan sólida como a súa esperanza e a súa fe no ser humano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta