Un total de 1.546 edificios de nova planta se levataron en Galicia ata novembro de 2019

O ano podería pecharse por baixo das cifras de 2018, cando se construíron 1.699 entre xaneiro e decembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Un total de 1.546 edificios de nova planta se levataron en Galicia durante os primeiros once meses de 2019, polo que o ano podería pecharse por baixo das cifras de 2018, cando se construíron 1.699 entre xaneiro e decembro.

Segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), dos edificios de nova planta construídos 1.039 foron para uso residencial e 511, non residencial.

Ademais, durante os primeiros once meses de 2019, un total de 1.427 edificios foron rehabilitados, mentres que 157 foron demolidos.

Nese mesmo período, produciuse unha variación neta do parque de vivendas de 2.151 na autonomía, que pechou 2018 cun balance de 2.427 neste parámetro.

Edificio de vivendas. Eduardo Parra - Europa Press
Edificio de vivendas. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta