O vídeo da Deputación de Pontevedra 'Fame de experiencias', premiado no Golden City Gate en Berlín

Foi a campaña coa que se promocionou turísticamente a provincia durante 2019.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 28/02/2020 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que o vídeo documental 'Fame de experiencias', co que se promocionou turísticamente a provincia durante 2019, foi premiado no Golden City Gate en ITB Berlín, unha das feiras turísticas internacionais de referencia.

Campaña da Deputación de Pontevedra 'Fame de experiencias'.
Campaña da Deputación de Pontevedra 'Fame de experiencias'.

"Non podo estar máis contenta", dixo Carmela Silva ao dar a noticia deste primeiro premio. Ademais, destacou que Pontevedra ten "un modelo diferente de promocionar a provincia que nos fai únicos".

Tamén fixo fincapé no talento que atesoura este territorio, mencionando o traballo feito pola produtora Esmerarte na realización deste vídeo. O galardón será entregado o xoves 5 de marzo.

Este vídeo tamén se atopa entre os 15 finalistas da TV & Filme Awards de New York Festivals. O de Rías Baixas terá que competir coas producións presentadas por Madrid, Azerbaijan, Dinamarca, Portugal, Francia, Serbia, Grecia, Chile, Suíza, Singapura e Noruega. O resultado coñecerase a finais de marzo.

Este vídeo promocional de Pontevedra xa recibiu en Fitur o premio ao mellor audiovisual entre máis de 60 traballos candidatos a este recoñecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta