Feijóo: "Non me presento como salvador da patria"

O líder dos populares galegos continúa cos seus anuncios electoralistas e insiste en que a sanidade "é un servizo público esencial".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG á reelección á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que a súa "primeira obrigación" como  presidente autonómico é "tentar mellorar os servizos públicos". "E tentámolo cumprir", manifestou.

Nun coñecido hotel da cidade herculina, o candidato á reelección avanzou a súa intención de manterse á fronte da Xunta: "Non me presento como salvador da patria, preséntome para dicir que estou a disposición da cidade e de vostedes (aos asistentes)".

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. PPDEG
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. PPDEG | Fonte: Europa Press

Por iso, e como está xa facendo os últimos días desde que anunciou o adianto electoral comprometeuse a licitar este ano 2020 o primeiro edificio do novo Hospital da Coruña. Unha infraestrutura que, cun investimento de 395 millóns de euros, converterase en "o maior investimento nos últimos 50 anos na Coruña".

"Hoxe esta cidade, na miña opinión, ten máis servizos públicos, máis oportunidade e máis prestacións das que tivo nunca", dixo, ao tempo que quixo defender a sanidade. "É un servizo público fundamental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta