O temor ao coronavirus xa comeza a ter incidencia no turismo galego

Porto de Vigo confirma a anulación de escala dun cruceiro xaponés e prevé máis efectos nestes tráficos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/02/2020 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, admitiu este venres que hai que "estar alerta" en relación á posible afectación do sector turístico pola crise do coronavirus, unha situación de "certa incerteza" na que, polo momento, non "hai constatación" dun volume significativo de cancelacións na Comunidade.

En declaracións aos medios, Rodríguez dixo que Galicia, España e "todo o mundo" está "preocupado por esta situación" a nivel global e, de forma particular, pola afectación que podería ter para o turismo, "unha actividade que se podería definir como de risco" polo que implica de "mobilidade".

"A Santiago chegan moitos peregrinos italianos, igual que moitos galegos van de turistas a Italia", lembrou o conselleiro, que instou a estar "en alerta" e "con precaución", con "todos os dispositivos previstos" se se detecta un caso, un operativo que coordina a Consellería de Sanidade e o Ministerio do ramo.

O Cruceiro Le Boreal
O Cruceiro Le Boreal | Fonte: Aquiles Garea

Este mesmo venres, o presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, confirmaba que xa tiveron a primeira cancelación dun cruceiro que ía parar na cidade e que poida que non sexa a única cancelación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta