O BNG recruta a Alexandra Fernández, exdeputada de En Marea no Congreso

A Executiva da formación nacionalista propón que sexa a número 3 por Pontevedra, aínda que se barallou como número un e, deste xeito, que as cabezas de lista foran todas mulleres.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2020 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego recrutou para as súas filas á exdeputada de En Marea Alexandra Fernández, que militou en Anova, organización que deixou tras as desavinzas políticas polos pactos electorais con Podemos e Esquerda Unida.

Alexandra Fernández, cando era deputada de En Marea
Alexandra Fernández, cando era deputada de En Marea | Fonte: Europa Press

A Executiva da formación nacionalista propón que sexa a número 3 por Pontevedra, xusto despois da deputada Montse Prado e do cabeza de lista, Luís Bará, co que quedarían representadas as comarcas de Pontevedra, Arousa e Vigo nos postos de saída do Bloque. Deste xeito, e segundo as enquisas, esta posición garántelle un escano no Parlamento galego.

Con todo, segundo puido saber este xornal, existía a posibilidade de que Fernández liderase a lista por Pontevedra, algo que se viu freado pola dirección do partido e, principalmente, desde a UPG.

Alexandra Fernández, que se desmarcou do grupo confederal de Unidas Podemos-En Marea na votación dos orzamentos de Pedro Sánchez que non viron luz verde e desembocaron nas primeiras eleccións xerais tras a moción de censura a Mariano Rajoy, xa mostrara o seu apoio ao BNG nos últimos comicios ao Congreso, que supuxeron o regreso da formación nacionalista galega ás Cortes Xerais.

O BNG avanzou este xoves os cabezas de lista polas catro provincias, postos nos que repiten Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra). Ademais, tamén serán candidatos en postos de saída os outros dous deputados na X Lexislatura: Xosé Luís 'Mini' Rivas (número dous pola Coruña) e Montse Prado (dous por Pontevedra).

Os nacionalistas xa anunciaran, tamén, unha importante presenza feminina nas candidaturas e incorporacións relevantes ás listas e, de feito, viñan falando de incluír nomes relevantes procedentes do espazo de En Marea na súa pata nacionalista.

Con este nome confírmase que o BNG incorpora activos do nacionalismo descontento co que se denominou espazo de confluencia e que levou tamén á división do espazo político aglutinado ao redor de En Marea. O partido político que situou ao maxistrado Luís Villares á fronte acabou cos seus deputados no Grupo Mixto e decidiu non presentarse ás eleccións o próximo 5 de abril.

TRES MULLERES ENCABEZAN

Ana Pontón, candidata á Presidencia da Xunta, encabeza a candidatura pola Coruña, de maneira que os nacionalistas colocan mulleres como primeiras nas listas de tres das catro circunscricións.

O Consello Nacional aprobará este sábado, 29 de febreiro, as listas coas que o BNG concorrerá á cita electoral de próximo mes de abril, sobre as que a portavoz nacional e candidata á Presidencia destacou renovación, mocidade e experiencia.

O Bloque, con todas as enquisas en contra e unha situación complicada tras as escisións de 2012, logrou situarse no Parlamento de Galicia con grupo propio e seis deputados, que agora ven premiados polo traballo realizado.

A proposta da Executiva Nacional realizouse despois de ouvir ás asembleas comarcais nun proceso no que participaron, segundo as cifras achegadas pola formación, uns 1.450 militantes en 25 asembleas por toda Galicia, incluída a emigración vía telemática.

Como resultado destas asembleas, a militancia trasladou á dirección un total de 234 propostas de candidatos, nas que, en todo caso, quedou constancia dun "apoio unánime" de todas as asembleas ao traballo feito polo grupo, segundo destacou o BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

4 José

Un movimento mui intelixente. Agora restaría facer o proprio en Ourense fichando ao Davide de Manzaneda e, se for posible, algunha alcaldesa do PP, pero esta breva non vai caer.

3 Remanso

Ostras, salvaron da queima a única que valiu para algo. Iso si que é fichar.

2 Bendito Chiringuito

Agora só falta o Villares ou a Paula Verao por Lugo. Tamén o David de Manzanera sería un puntazo. Para ser cribles hai que molllarse, abrir o BNG ou ficar na marxinalidade. E a UPG que non soñe: o BNG e En Común (IU-Podemos e Anova) van perder votos e deputados sobre 2016, e o BNG non vai ser segundo como foi noutrora. A UPG é un fracaso como partido. Hoxe a UPG non é non autónoma: traballa para o PsoEspañol!!! Subsidiaria do españolismo e da falsa esquerda: igual que Podemos!!! Todo Pola Pasta!!!

1 Bateiro

Non son da UPG, nen sequera próximo, pero sí nazonalista e o que aprendín en moitos anos é que fora da UPG non hai proxeto de nazón nin nazonalista, hai folkogastronomistas, gaiteiros e pandereteiras.

2 Tudo bem

Bateiro, triste o teu! Se non es da UPG e sabes que "fora da UPG non hai proxeto de nazón nin nazonalista" entón, por moi "sí nazonalista" que te proclames, necesariamente es dos "folkogastronomistas, gaiteiros e pandereteiras". Pobriño! Grazas á UPG, aos seus desvelos e traballos en prol do ben común, temos asegurado o goberno do Partido Podre. E como alternativa, ou melhor alternancia dentro do sistema, a UPG aposta polo PsoEspañol. Estupendo, de comparsa da falsa esquerda e máis españolismo! Todo un logro da UPG, pasar de ser o BNG alternativa de goberno, segunda forza en 1997 e 2001, a marxinal terceira ou cuarta! Toda unha fazaña da UPG e do PcEspañol con Podemos, perder votos e deputados en 2020 sobre a suma dos xa pobres resultados de 2016! E aínda hai Bateiros que lles aplauden! Patético paisanaxe de vasalos agradecidos!

3 Gamela

Tudo Bem , eu non podería dicilo mellor !!! Todo un logro da UPG en 50 anos de gran traballo político no país dos ananos (?)

1 XENTE DO POBO

O partido REANOVA, entra todo nun microbús... sigue mandando o de sempre, o dictador de sempre, que é un dictador!!!!! UN EGOLATRA!!!!!