Comezan os exames da OPE do Sergas con 254 prazas de médico de familia e 93 de pediatría

As probas realizaranse este 29 de febreiro e 1 de marzo en Silleda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2020 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde fixou para este fin de semana os exames da Oferta Pública de Emprego (OPE) que inclúe as 254 prazas de médico de familia e 93 de pediatras de Atención Primaria.

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, as probas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) durante este 29 de febreiro e o 1 de marzo. Ofertaranse un total de 1.215 prazas, das cales 254 corresponden a médico de familia de Atención Primaria; 7 a odontólogo de primaria e 93 a pediatra deste mesmo nivel asistencial. Estes aspirantes examinaranse o domingo. 

Participantes nunha oposición no recinto feiral de Silleda.. XUNTA - Arquivo
Participantes nunha oposición no recinto feiral de Silleda.. XUNTA - Arquivo

Na xornada do sábado, competirán os interesados nas 89 prazas de persoal enfermaría especialista obstétrico-xinecolóxica e 772 para técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta